Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto de Marisa Valle Roso

Por causas alleas ao Teatro Rosalía cancélase este concerto. A devolución das localidades adquiridas farase a través da mesma canle de compra.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/05/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

18'00, 14'00, 11'00, 8'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)

Televenda:

Ticketea

Consciente é o último traballo da asturiana. É fresco, persoal e mantén as cores do floclore asturiano, que combinados con sonoridades contemporáneas de xéneros como o indie, canción de autor ou o pop, e a voz de Marisa, formada no canto tradicional asturiano, adquiren unha exclusiva expresión musical.

O disco, gravado entre Madrid e Asturias foi producido por Sebastián Merlin, gañador de dous grammys latinos, e o produtor indie Charlie Bautista. As colaboracións un luxo, Victor Manuel, Rozalén e Pandereteres de Fitoria.

Un total de trece cancións dan forma a un variado repertorio no que conviven versións de Chavela Vargas, Violeta Parra ou Mercedes Sosa, xunto a composicións de Alfredo González, Paco Cifuentes e a propia Marisa, estreándose así como compositora.

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só abre días de función de 16 a 20 h

Televenda: 902 044 226

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión