Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto de Susana Seivane

Nacida en Barcelona no ano 1976, Susana é a herdeira dunha das familias con máis prestixio dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas en Galicia, a familia Seivane. Comezou a súa andaina musical ao cumprir tres anos de idade. Da man do seu pai Álvaro Seivane, e influenciada por mestres gaiteiros como o seu avó, Xosé Manuel Seivane, Ricardo Portela e Moxenas, conseguiu o respecto e a admiración do mundo da gaita e da música tradicional en Galicia. Ese estilo xenuíno está hoxe presente na forma de tocar de Susana, unha muller que sintetiza o estilo “enxebre” de vellos gaiteiros. Combina este valioso legado con influencia doutras músicas; para iso rodéase dun elenco de mozos músicos que achegan gran frescura e orixinalidade ao seu espectáculo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/08/2019

Xa rematou

Horario:

22:30 h

Enderezo:

Praza de M.ª Pita . Praza Mª Pita s/n. 15001 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Organiza:

Concellería de Cultura do Concello da Coruña

En 1999 edita o seu primeiro disco "Susana Seivane" (BOA MUSIC), producido por Rodrigo Romaní, un dos membros fundadores de Milladoiro. Este traballo baseado en temas tradicionais e composicións de artistas galegos, lévaa polos mellores escenarios de folk nacional e internacional e logra grandes éxitos e eloxiosas críticas. O seu primeiro disco edítase en Europa, Estados Unidos e Canadá.

Co seu segundo traballo "Alma de buxo" (BOA MUSIC Ed. 2001) producido por ela mesma, baixo o asesoramento artístico de Rodrigo Romaní, consolídase como artista galega de referencia no panorama folk. Neste colaboran artistas da categoría de Uxia Senlle, Kepa Junquera ou Rodrigo Romaní, entre outros. Merece especial mención a colaboración do seu avó Xosé Seivane. Como novidade, neste traballo introduce instrumentos como batería ou baixo eléctrico e enriquece o disco con composicións propias.

Neste mesmo ano resultou unha das cinco finalistas dos Indie Awards 2001, os prestixiosos premios que cada ano outorga a Asociación de Música Independente de EE.UU. (AFIM), na categoría de mellor artista de Músicas Contemporáneas do Mundo.

En 2003, Susana participou na gravación do álbum do Bagad Kemper (banda de gaitas de recoñecido prestixio en Bretaña-Francia), Sud-Ar Su, colaborando igualmente nos directos desta banda.

En 2004 publica o seu terceiro traballo "Mares de tempo" (BOA MUSIC), no cal, sen abandonar a tradición e as raíces da música galega, quixo introducir un novo instrumento: a súa voz. Este terceiro traballo, cheo de colaboracións de excelentes e recoñecidos músicos de Galicia, acompáñase dun DVD que permite contemplar a Susana Seivane nos mellores momentos da súa traxectoria, tanto no escenario como fóra deste.

Mares de tempo é un título extraído da obra do poeta galego Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra. Trátase dunha reflexión sobre o tempo que pasa e a perda deste en cousas banais.

"Os soños que volven", dez anos despois da publicación do seu primeiro traballo discográfico en solitario, no ano 2009, vía a luz o seu último álbum, titulado "Os soños que volven". Quería que "volvesen" aos días de hoxe, parte daquelas melodías que a acompañaban no seu camiño. "Os soños que volven" son as melodías da súa infancia, é a banda sonora da súa vida.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión