Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto Vetusta Morla: "Mismo sitio, distinto lugar"

"Mismo sitio, distinto lugar" preséntase no Coliseum da Coruña o día 12 de maio de 2018. Alí, as persoas asistentes gozarán das cancións "Te lo digo a ti, Valiente ou Maldita dulzura, xunto con novos temas pertencentes ao seu cuarto disco de estudo, que dá nome a esta xira de presentación.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

12/05/2018

Xa rematou

Horario:

22:30 h (apertura de portas: 20:30 h)

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

28'00 € + gastos - Pista s/n

28'00 € + gastos - Tendido baixo numerado

26'00 € + gastos - Tendido medio numerado

26'00 € + gastos - Tendido alto numerado

(Todas aquelas persoas que accedan ao concerto deben facelo con entrada)

Política de menores : Os/as menores de 16 anos teñen que asistir acompañados/as dunha persoa adulta responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada.

Televenda:

Ticketea

Documentos:

Impreso autorización menores de 16 anos (18 KB)

Catro discos de estudo, un libro autobiográfico e, incluso, a banda sonora do videoxogo Los ríos de Alice, converten a Vetusta Morla nun dos grupos máis importantes no ámbito nacional, e os seus dous discos de ouro e platino confírmanos tamén como un referente español a nivel mundial.

Considerados o mellor grupo en directo na actualidade, arrincarán a súa xira Mismo sitio, distinto lugar en abril de 2018 en Salamanca, onde tocarán temas do seu último disco, sen esquecer os grandes éxitos que os levaron a ser unha das bandas madrileñas máis relevantes do panorama musical actual.

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Coliseum: aberto só días de concerto desde as 17.00 h ata o inicio do concerto (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión