Concello da Coruña

Concello da Coruña

Contos para desafiar Bestas Pardas, con Paula Carballeira

Din en terras afastadas que dentro de cada montaña durme un monstro e que dentro de cada monstro durme un conto. No deserto, as tormentas de area son coma bestas pardas que todo o tragan, ata os libros. Hai que desafiar monstros e bestas coas súas propias armas para descubrir as historias que gardan.

A quen vai dirixido?:

Maiores de 4 anos

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

26/10/2017

Sesión das 18.30

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 09/10/2017 ata o 26/10/2017

Actividade limitada a 40 nenos maiores de 4 anos

Duración:

Unha hora

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Requisitos:

Cativos e cativas maiores de 4 anos que terán que ter a compañía dunha persoa adulta.

O contacontos está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña e será impartido por Paula Carballeira.

Dedicada profesionalmente ao teatro e á narración oral desde 1994, foi convidada a festivais tanto nacionais como internacionais, aínda que mantén unha actividade regular como contadora de contos en bibliotecas de toda Galicia. Participou como actriz en diversos programas da TVG Televisión de Galicia e colaborou tamén en diferentes espazos da Radio Galega. Membro da compañía teatral Berrobambán desde 1996, Paula Carballeira é autora de varios títulos de literatura infantil e xuvenil

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión