Concello da Coruña

Concello da Coruña

Correa Corredoira. Os días pintados

A pintura de Xabier Correa Corredoira (A Coruña, 1952) protagoniza a primeira grande exposición de 2017 na Fundación Luis Seoane a través dunha retrospectiva que, por vez primeira, abarca a súa produción pictórica, o que permitirá mostrarlle ao público preto dun cento de obras dun artista fundamental para comprender o desenvolvemento da cultura e a arte en Galicia e, máis concretamente, na súa cidade natal.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 27/01/2017 ata o 21/05/2017

Xa rematou

Horario:

De martes a domingo de 11.00 h a 15.00 h e de 17.00 h a 21.00 h
Luns pechado

 

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Prezo:

Gratuíta

O título da exposición, Correa Corredoira. Os días pintados, contén unha dobre referencia: por unha banda, destaca o carácter autobiográfico da obra do artista, a través da que é posible rastrexar os acontecementos clave na súa vida, así como a evolución das súas principais influencias culturais; por outro, establece unha conexión coa exposición Correa Corredoira. Os días gravados, organizada pola Fundación Luis Seoane nos anos noventa. Naquel momento, do mesmo xeito que agora, a elección de Correa Corredoira para protagonizar unha mostra monográfica na Fundación non foi casual, posto que, como explica o comisario de Os días pintados, David Varro, "Correa Corredoira é un artista fundamental da arte galega das últimas décadas. O seu labor no colectivo A Galga, na galería Gruporzán ou en Atlántica é absolutamente clave para comprender a cultura e a arte desenvolvidas en Galicia".

É por iso que, grazas a Os días pintados, os/as espectadores/as introduciranse non só no universo dun artista primordial na historia da arte galega da segunda metade do século XX, senón que, ademais, asistirán á evolución da súa traxectoria creativa. Na selección da obra realizada por David Varro e o propio Correa Corredoira, están presentes as súas imaxes e temas máis icónicos: a maternidade, o erotismo, os mitos clásicos, a viaxe que realiza a México no ano 1979, as paisaxes, o mar, as crucifixións ou os seus célebres boxeadores.

Os días pintados descobre a obra dun creador libre e independente, dunha figuración pictórica que ten os seus alicerces fundamentais na relación do corpo co espazo ou no dominio da cor, e que se nutre das moitas afinidades da vasta cultura do artista: Picasso, Nietzsche, Giacometti, Rembrandt, Bacon, García Lorca, Beckett, os mitos clásicos... En definitiva, a obra, en palabras do crítico Xavier Seoane, dun "romántico en sentido estrito", comprometido coa creación. O reencontro dunha cidade coa historia da súa arte.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión