Concello da Coruña

Concello da Coruña

CORUÑAFILM Talleres 2014

En CoruñaFilm levaranse a cabo 9 talleres intensivos de catro horas de duración cada un, especializados en diferentes áreas cinematográficas como a dirección, o guión, o financiamento de proxectos audiovisuais ou a interpretación.

Cando:

Dende o 30/10/2014 ata o 01/11/2014

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 25/09/2014 ata o 21/10/2014

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuítos con inscrición previa (prazas limitadas).

Requisitos:

Enviar o formulario de inscrición a corunafilm@coruna.es antes do 21 de outubro.

Organiza:

IMCE

Documentos:

Formulario de inscrición (209 KB)

O proceso de selección das persoas participantes dos talleres realizarase por rigorosa orde de inscrición ata completar o número dispoñible de prazas e atendendo aos requisitos específicos de cada taller. Os alumnos dos talleres deberán ser maiores de idade.

Importante:

  • Cada alumno poderá elixir un máximo de tres talleres para asegurar que aos talleres asistan o máximo número de inscritos posibles.
  • O equipo de organización de CoruñaFilm poñerase en contacto coas persoas participantes para confirmar que a súa inscrición se realizou correctamente.
  • Para poder participar é preciso enviar a corunafilm@coruna.es a ficha de inscrición especificando o taller ou talleres nos que a persoa participante está interesada antes do 21 de outubro.
  • Para os talleres de nivel avanzado é imprescindible achegar o currículo xunto co formulario de inscrición.

 

  1. Taller de novas formas de distribución dixital. Xoves 30 de outubro de 10 a 14 horas. Impartido por Pablo Maqueda (#littlesecretfilm)
  2. Taller de cine para todos. Xoves 30 de outubro de 10 a 14 horas. Impartido por Iñaki Arrubla (Cine Accesible).
  3. Taller de guión (nivel avanzado). Xoves 30 de outubro de 16 a 20 horas. Impartido por Fernando León de Aranoa.
  4. Taller de interpretación (nivel inicial). Venres 31 de outubro de 10 a 14 horas. Impartido por Ana Gracia (Estudio Corazza para el actor).
  5. Taller de interpretación (nivel avanzado). Venres 31 de outubro de 17.30 a 21.30 horas. Impartido por Ana Graza (Estudio Corazza para el actor).
  6. Taller de dirección cinematográfica (nivel avanzado). Venres 31 de outubro de 10 a 14 horas. Impartido por Enrique Urbizu.
  7. Taller de dirección cinematográfica (nivel inicial). Venres 31 de outubro de 16 a 20 horas. Impartido por Enrique Urbizu
  8. Taller de guión (nivel inicial). Sábado 1 de novembro de 10 a 14 horas. Impartido por David Planell.
  9. Taller de financiamento de proxectos audiovisuais. Sábado 1 de novembro de 16 a 20 horas. Impartido por Puy Oria.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión