Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de xuño de 2018

Culturas colabora nas xornadas 'Tempo do óxido', “unha ollada que, a través da música, os medios e o sindicalismo, recupera a memoria e os lugares” da época da reconversión naval

O edil José Manuel Sande presentou o programa da iniciativa que, entre os días 10 e 14 de xuño, organiza un roteiro, unha exposición e tres coloquios con persoas protagonistas da época nestes tres eidos

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá a programación do proxecto Rock, Rebeldía e Reconversión. Tempo do óxido, unha iniciativa que mediante unha exposición, un roteiro, coloquios e música "bota unha ollada a través da memoria dos protagonistas á primeira época da democracia, na que a sociedade esixía outra información e outra diversión é na que máis que sectores produtivos se derrubaban xeitos de entender o traballo". "Unha época na que sindicalismo, xornalismo e música eran reflectidos, tamén nos medios, como unha razón e explicación de cambio", apuntou nunha presentación na que tamén participaron o xornalista, membro de Radio Océano e impulsor das xornadas, Xosé Manuel Pereiro, e o que foi secretario xeral de Comisión Obreiras e traballador de Astano, Suso Díaz, quen participará nun dos coloquios.

As actividades, que terán lugar entre o 10 e o 14 de xuño, comezan cun roteiro a pé que repasa espazos relevantes da produción musical da época na cidade, Os lugares do óxido, como bares e locais de ensaio, "os lugares onde paraba a xente e que eran os sitios de axitación", como indicou Pereiro. Será o día 10 entre as 12 e as 14 horas. O luns 11 abrirase a exposición A realidade reflectida na Fundación Luís Seoane, unha mostra de fotonoticias, noticias e outras publicacións que repasan como foron recollidos polos medios de comunicación os acontecementos sociais e culturais do momento e que se completará con imaxes e vídeos de grupos e artistas da época. Entre os días 12 e 14 realizaranse os coloquios, tamén na Fundación Luís Seoane, que rematarán cunha sesión de dj a cargo das persoas protagonistas das charlas. A primeira, que terá lugar o martes 12 de xuño ás 20 horas, titúlase Silencio na fábrica e é unha conversa entre Suso Díaz, Rafael Pillado e Carlos Neira, líderes sindicais da reconversión naval, "unha época na que a información laboral tiña unha grande importancia", como apuntou Díaz. Música de fondo, que será o mércores 13 ás 20 horas, reúne Jesús Ordovás, Nonito Pereira e Carlos Galán, críticos e locutores para falar da produción musical da época e a súa relación coa realidade social. Por último, O ruído nos medios xunta aos xornalistas Xosé Gaciño, Manuel Rivas e María Xosé Porteiro para analizar a maneira de contar o que pasaba.

"Entendemos que estes lugares e tempos do óxido era oportuno revisitalos porque forman parte da experiencia e da memoria da cidade e facémolo a través dunha serie de actividades que permiten recuperar un pedazo de historia", explicou Sande.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión