Ritmo respiratorio, posicións saudáveis para acolar, movementos utís, puntos de relax corporal, melodias que axudan ao sono, o noso ser creador, consciencia da impronta que deixa unha nana no recordo do neno-a adulto son parte dos pontos base deste curso
Crianzas menores de 0 a 3. Tamén poderán asistir futuras nais
Familias
24/05/2018
Xa rematou
Dende o 21/05/2018 ata o 24/05/2018
17.00 horas
dúas horas
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Gratuíto
Nota: se unha vez reservada praza non se pode asistir, agradecemos que nolo comuniquedes para que outra pequena ou pequeno poida gozar da actividade.
O obradoiro está destinado a crianzas de 0 a 3 anos acompañadas por unha persoa. É necesaria a inscrición só para as crianzas (non para as persoas acompañantes), que se abrirá a partir das 10.00 horas do 21 de maio de abril.
Se non sabes como inscribíreste, podes consultar esta ligazón.
Trataremos cantos de berce tradicionais (de autoria descoñecida) e decomposición asinada coas que se fará unha análise antropolóxica e social sobre os valores expostos nos textos -melodías. As pezas son pertencentes aocancioneiro popular galego-portugués na sua maioria: "Nana para un amante"(Fuxan os Ventos), "Dume meu neno" (letra de Antón Avilés de Taramancos,música de Servando Barreiro), canto de arrolo indíxena do Brasil , nanas do Zeca Afonso, son algún dos exemplos.
Tratarase especificamente o significado da voz e o seu poder sentimental pasando polo mapa emocional que nos acompaña desde a nenez: medo,cólera, alegria...O impacto da voz tanto no útero como nos primeiros anos de vida. A repercusión da voz entre mai e crianza, entre pai e crianza.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible