Concello da Coruña

Concello da Coruña

Día da Música

Integrantes da Sinfónica de Galicia asaltan as rúas da cidade da Coruña armadas e armados cos seus violíns, violas, chelos, trompas e frautas para interpretar a música de Bach, Mozart, Reich, Ravel ou Kurtag no Día da Música que se celebra mañá venres, 21 de xuño.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

21/06/2019

Xa rematou

Horario:

19:00 h no museo Picasso

Enderezo:

Casa Museo Picasso. Rúa Payo Gómez 14, Bj y 2. 15004 A Coruña

O grupo instrumental Século XX (Florian Vlashi, Mihai Tanasescu, Raymond Arteaga e Ruslana Prokopenko) inicia o asalto ás 11:00 horas no vagón 3 do tren A Coruña-Vigo onde ofrecerá de Steve Reich o seu "Different Trains", mentres á mesma hora o violinista Gabriel Busi e o trompa Manuel Moya estarán no Centro de Día Barrio das Flores (AFACO) para interpretar obras de Bach, Mozart e Monti. Media hora máis tarde, ás 11:30 horas, o día continúa co grupo Orphelion (María José Ortuño, Deborah Hamburger, Luigi Mazuccato e Berthold Hamburger) que actuarán na residencia de persoas maiores da Congregación das Irmanciñas dos Anciáns Desamparados e un repertorio dedicado integramente a Mozart (ese bálsamo...).

Ás 12:00 horas a batalla musical polo Día da Música continuará na Praza José Toubes Prego, San Pedro de Mezonzo (ACCEM) co Grupo de Percusión da OSG (entre os que figuran José Trigueros, Alejandro Sanz e José Belmonte), e ás 18:00 horas continuará na Academia de Belas Artes, no que un cuarteto de profesores da OSG (Dominica Malec, Enrique Igrexas, Vladimir Rosinskij e Ruslana Prokopenko) ofrecerán músicas de Rowley, Bach e Mozart.

O Museo Picasso recibe ás 19:00 horas o violinista Florian Vlashi, quen interpretará sós de Quiroga, Ravel e Kurtag e ás 20:30 horas a Camerata Brigantina actuará na entrada da biblioteca Durán Loriga cun programa con pezas de Albinoni, Mozart, Vivaldi e Jenkins.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión