Concello da Coruña

Concello da Coruña

DOMVS. Unha casa romana no castro de Chao Samartín

Exposición temporal no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón:

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 09/06/2017 ata o 24/09/2017

Xa rematou

Horario:

Horario de apertura e tarifas: os do Museo Arqueolóxico

Martes- sábado de 10:00 a 19:30 (a 21:00 xullo e agosto)

Domingos de 10:00 a 14:30 (a 15:00 xullo e agosto)

Luns pechado ao público

Enderezo:

Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2. 15001 A Coruña

Prezo:

Tarifas: 2 € Xeral / 1 € Reducida/ Gratuíta todos os sábados

Documentos:

Folleto DOMVS (2 MB)

Nas escavacións arqueolóxicas de 2004 confirmouse o excepcional achado dunha gran casa romana de porte señorial no interior do castro de Chao Samartín (Grandas de Salime, Asturias), construída a comezos do século I como residencia dun destacado personaxe da administración imperial. Durante a campaña de consolidación de 2013, verificouse a existencia nela de pinturas murais conservadas na súa posición orixinal.

Estes elementos serven de eixo para explicar unha etapa clave da historia do noroeste que estivo marcada pola tutela militar que Roma estableceu tras o dominio de cántabros, ástures e galaicos, e as transformacións sociais que se produciron no seo das comunidades indíxenas que habitaban nos castros.

Todo o anterior ten os seus paralelos na cidade da Coruña, na que existen castros como os de Elviña (tamén con obxectos de ourivaría) ou Nostián, así como pinturas murais aparecidas na rúa Rego de Auga ou no Cantón Grande. Estes restos poden ser contemplados na planta baixa do museo.

Inauguración: día 09 de xuño ás 20:00 h, na que o Comisario da mostra, Ángel Villa Valdés, técnico do Museo Arqueológico de Asturias, fará unha introdución da mostra e guiará unha visita á mesma.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión