Concello da Coruña

Concello da Coruña

Eduardo Halvehy

Eduardo Malvehy naceu en Barcelona, España, e desde 1970 está dedicado enteiramente á pintura.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 04/05/2017 ata o 30/05/2017

Xa rematou

Enderezo:

Galería de Arte Xerión. Rúa Modesta Goicouría 7, Bj. 15003 A Coruña

É un artista autodidacta que desenvolveu a súa técnica e o seu estilo ao longo das súas viaxes a través de Europa, na busca da rica variedade da arquitectura tradicional dos pobos e cidades de cada país ou rexión.

A súa temática preferida é a paisaxe urbana, moi a miúdo relacionado coa auga, como portos coas súas coloridas barcas en repouso, ou vellas casas reflectidas nun río. Fascínanlle tanto as cálidas cores do Mediterráneo como os sutís grises do Norte.

Coa súa técnica moi persoal, cunha crecente influencia do cubismo, Malvehy expresa a beleza e a atmosfera de cada lugar que o inspira. As brumosas canles de Amsterdam ou a brancura impactante das casas de Grecia permítenlle expresar a súa creatividade no estilo que chegou a dominar ao longo dos anos.

Eduardo Malvehy foi galardoado con diversos premios como o Primeiro Premio de Pintura en Aix-en-Provence, e Medalla de Prata en Evian e en Arles. As súas pinturas expuxéronse numerosas veces en España, Francia, Alemaña, Suíza e Estados Unidos, sempre con notable éxito.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión