Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de decembro de 2016

O alcalde asina convenios por 60.000 euros con sete entidades culturais que desenvolverán proxectos de accesibilidade e inclusión xunto a asociacións do ámbito das diversidades

Trátase da primeira convocatoria de axudas dentro do programa Cultura Accesible e Inclusiva, que desenvolve a Fundación Emalcsa, e que busca “facer desta unha cidade máis igualitaria e máis xusta, na medida en que pon os seus recursos ao alcance de todos e todas”

O alcalde da Coruña, Xulio  Ferreiro, asinou este xoves os convenios en representación da Fundación Emalcsa, ente municipal do que preside o seu Padroado, coas entidades culturais beneficiarias da primeira convocatoria de axudas do programa Cultura Inclusiva. Así, sete entidades de carácter cultural da cidade, que presentaron proxectos de difusión cultural centrados no ámbito da accesibilidade e as diversidades, recibirán distintas contías económicas por valor conxunto de 60.000 euros.

En concreto, as entidades serán Amigos do Museo de Belas Artes, a Sociedade Filatélica da Coruña, Asociación Cultural La Quinta del Arte, Asociación para o Desenvolvemento da Cultura Musical na Infancia para Colectivos Desfavorecidos e en Risco de Exclusión Social, Asociación Cultural Tres Por Cuatro e Asociación Proxecto Máscaras. Unha das características especiais desta convocatoria é a necesidade de que os proxectos das solicitantes estean apoiados e se desenvolvan en colaboración cunha entidade de persoas con algún tipo de diversidade. Estes sete proxectos contan coa colaboración de 10 entidades do ámbito das diversidades sensoriales e funcionais como son Asociación Pro Enfermos Mentais da Coruña (APEM), a Asociación Pascual Veiga, de pais e nais de persoas con discapacidade intelectual, Aspronaga, Instituto Galego del TDAH e Transtornos Asociados INGADA, Fundación Abrente, Asociación de Pais e Nais de Persoas con trastorno do Espectro Autista (Aspanaes), Fundación Adultos Discapacitados da Coruña (Adcor), Asociación para a integración do neno disminuído (AIND), Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec) e o Grupo de Persoas con Discapacidade da Coruña (Grumico). Todos os proxectos recibiron valoracións moi positivas dun comité técnico composto dos profesionais do ámbito da cultura do Concello.

Na firma do convenio de colaboración, Ferreiro recordou que o programa Cultura Accesible e Inclusiva, que desenvolve a Fundación Emalcsa en colaboración con diversas concellerías do Goberno local, é unha das patas sobre as que se basea a aposta do Executivo "por poñer en marcha políticas que redundan nunha cidade accesible para todos e todas". "Dotar de accesibilidade é sinónimo de xustiza social e de igualdade, por iso, move toda a nosa acción de Goberno", explicou o primeiro edil coruñés. Os sete proxectos subvencionados desenvolverán na cidade actividades culturais en campos artísticos e culturais relacionados coa música, o teatro, o cine, a danza, a pintura e o ámbito museístico.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión