Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de xuño de 2018

O Concello colabora na Gala do Deporte A Coruña e a súa comarca, que se celebrará este mércores no Rosalía “e quere homenaxear tanto a profesionais como a afeccionadas”

O titular de Deporte, José Manuel Sande, salienta que este evento “cobre unha ausencia que existía na cidade, que non contaba cunha cita destas características na que recoñecer o papel das entidades deportivas na sociedade”.

O concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta xornada a Primeira Gala do Deporte A Coruña e a súa Comarca, que se celebrará mañá mércores co Teatro Rosalía a partir das 20.30 horas e que está organizado pola administración local en colaboración co xornal La Opinión da Coruña. Segundo manifestou o responsable municipal, este evento, de marcado carácter metropolitano, "cobre unha ausencia que existía na cidade, que non tiña unha gala destas características na que realmente render homenaxe e recoñecer o traballo dos e das profesionais e afeccionadas ao deporte". "Esperemos que ser converta nunha cita anual para o tecido deportivo desta cidade e da área metropolitana, tendo en conta o peso histórico, simbólico e material das entidades deportivas na Coruña", explicou.

Na cita premiaranse aos e ás mellores deportistas da comarca, destacando os premios especiais do xurado entre os que destacan mellor deportista (feminina e masculino), mellor promesa (feminina e masculina), mellor equipo, mellor adestrador ou adestradora, mellor arbitraxe e mellor competición. A elección dos e das galardoadas contou coa participación da maioría das federacións deportivas de Galicia que enviaron as súas propostas. O acto será presentado polo xornalista Alfonso Hermida e amenizado por Víctor Grande e Santy Gutierrez. Na rolda de prensa de presentación do acto, o director da Área de Desarrollo da Opinión, José Antonio Freire, manifestou que a gala ten o obxectivo de premiar ao deporte coruñés pero, á vez, darlle máis visibilidade, salientando "o papel que ocupa na sociedade".

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión