Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de abril de 2017

O Concello confirma a continuidade do servizo de atención ao público dos Museos Científicos ata a formalización dun novo contrato

O concelleiro José Manuel Sande salienta que o acordo acadado coa empresa e o cadro de persoal servirá para desconvocar a folga plantexada e, igualmente, para retirar o ERTE presentado pola empresa e garantir a estabilidade dos postos de traballo nas condicións actuais

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, vén de asinar este mércores coa empresa que xestiona a atención ao público dos Museos Científicos e coa representante do cadro de persoal un acordo para garantir a continuidade destes servizos unha vez remate o contrato, o vindeiro día 14. Deste xeito, a empresa comprométese a manter o servizo e, así mesmo, a estabilidade no emprego de todos os traballadores e traballadoras adscritos ao mesmo nas súas condicións actuais durante o tempo necesario para a preparación, adxudicación e formalización dun contrato "ponte", de próxima licitación, e a retirar de forma inmediata o ERTE presentado, unha vez se inicie o expediente de contratación por parte da Xunta de Goberno local, esta mesma semana. Ademais, o acordo suporá a desconvocatoria da folga presentada polo persoal que presta este servizo para os días 8,9 13 e 14 deste mes.

"A transcendencia que ten para a cidade o correcto funcionamento dos Museos Científicos municipais e cada un dos seus servizos estivo presente durante toda a negociación, na que o Goberno local leva traballando desde hai semanas, desde a vontade compartida, coa empresa e tamén cos traballadores e traballadoras, de colaborar para adoptar as accións que sexan precisas para soster o servizo nas condicións de calidade requiridas pola cidadanía", pon de relevo o concelleiro, quen salienta ademais o compromiso do Goberno local coa estabilidade laboral dos e das traballadoras que prestan servizos municipais, "que deben realizarse en condicións xustas". Neste sentido, Sande incide en que a solución acadada garante a estabilidade e condicións dos e das traballadoras actuais, tanto no período que vai ata a formalización do contrato provisional ou "ponte", como tamén posteriormente.

A este fin, o Goberno local incluirá na próxima Xunta de Goberno local, que ten lugar este venres, a proposta de acordo para a continuidade do servizo de atención ao público dos Museos Científicos, unha vez finalizado o contrato que o rexe e polo tempo estritamente necesario para a formalización dese contrato de transición e, igualmente, o inicio do expediente de contratación deste último. Do mesmo xeito, o Goberno local iniciará os traballos preparatorios para a licitación, mediante procedemento aberto, do futuro contrato de atención ao público, co obxectivo de formalizalo no prazo máis breve posible, "e de ser posible, neste mesmo ano", incide o concelleiro.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión