Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de xuño de 2017

O Concello dá a coñecer en Andalucía a oferta turística da cidade como “destino atlántico e multiexperiencial”

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, viaxou esta semana a Sevilla e Málaga para promocionar A Coruña ante máis de 160 profesionais

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, que preside tamén o Consorcio de Turismo, viaxou esta semana a Andalucía para dar a coñecer a oferta turística da cidade e promocionala como destino atlántico. Acompañado da xerente de Turismo, Lanzada Calatayud, e dunha delegación do sector hoteleiro da cidade, o responsable municipal realizou senllas presentacións en Sevilla e Málaga --as dúas cidades máis relevantes en emisión e recepción de turistas--, nas que salientou "o carácter multiexperiencial da Coruña, que abrangue todos os segmentos de produtos e público". Nelas, Lema puxo especial atención ao amplo catálogo de actividades e propostas relacionadas coas festas coruñesas, como o San Xoán ou a Festas de María Pita, e, en concreto, o festival Noroeste Estrella Galicia, que se celebra entre o 8 e o 13 de agosto en distintos emprazamentos da cidade.

O Consorcio de Turismo tamén fixo unha aposta pola gastronomía, a través da presenza de tres chefs da asociación Coruña Cociña, como son Pablo Gallego, Javier Freijeiro e Moncho Bargo, nas exposicións, para trasladar unha mostra da variedade e calidade da oferta coa que conta a cidade, "unha máis das súas potencialidades e un sector que se atopa en plena efervescencia e nos nos posiciona na oferta de turismo gastronómico do noroeste peninsular", incidiu Lema.

Ambas presentacións, de carácter profesional, congregaron a máis de 160 axentes turísticos,  e contaron coa participación dos concelleiros de Turismo das dúas cidades.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión