Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de xaneiro de 2018

O Concello explicita o seu compromiso coa oferta escénica dedicada aos e ás máis pequenas cos ciclos Bebescena e Todo Público, que se desenvolven en Ágora e Fórum

O concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, salientou a “gran acollida” que estes programas conseguen todos os anos, e que arrincarán na fin de semana do 27 e 28 deste mes

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá a programación específica de artes escénicas destinada ao público infantil e que se desenvolve ao longo de todo o ano tanto no Fórum Metropolitano como no centro Ágora. O responsable municipal salientou a aposta do Concello por estes ciclos, Bebescena e Todo Público, "dado a gran resposta que obteñen todos os anos por parte da cidadanía". "As experiencias dos primeiros anos de vida son fundamentais, por iso, da man de compañías tanto de danza como de teatro, tanto de Galicia como do resto do Estado, ofertamos unha selección de espectáculos que buscan introducir aos máis pequenos nas artes visuais e escénicas", comentou o responsable municipal, que estivo acompañado na rolda de prensa que ofreceu aos medios por Begoña Llamosas, coordinadora da programación de Ágora e Fórum.

O concelleiro quixo salientar o "éxito sen precedentes" do ciclo Bebescena, dirixido especialmente a bebés de entre 1 e 3 anos. "As obras para estes espectadores tan precoces teñen unhas características especiais, xa que o patio de butacas se converte nunha zona pegada ao escenario, con alfombras, coxíns, pequenos bancos. A duración do espectáculo tamén é especial, xa que dura entre 30 e 40 minutos, o tempo en que pode fixarse a atención dun bebé", explicou Llamosas. A oferta de Bebescena desenvolverase integramente no Centro Ágora os domingos, sempre cos pases tanto as 11.30 como as 13.00 horas. As entradas custarán 6 euros, 2 para os menores de 3 anos, mentres que existe a posibilidade de solicitar un abono familiar que inclúe, como mínimo, unha persoa adulta e un menor, por 15 euros. Como noutro tipo de espectáculos municipais, as persoas que así o desexen poderán adquirir os seus pases no despacho central de billetes da praza de Ourense, no propio centro Ágora ou a través da web www.ticketea.com.

Está previsto que o próximo 28 de xaneiro arrinque o ciclo coa obra Bathtime da compañía coruñesa Katarsis, que explora os xogos de dous amigos dentro, fóra e ao redor dunha bañeira. o 25 de febreiro a compañia madrileña La clá actuará no Ágora con Solete, obra que trata de achegar a dando e o teatro aos primeiros anos da infancia, mentres que o 4 de marzo tocaralle o turno a Caramuxo Teatro con Na Casa. O 18 de marzo tocaralle o turno a Ñas Teatro (Madrid) co espectáculo La de Lúa, que nace do xogo e convida a xogar aos e ás espectadoras. O 8 de abril, a compañía pontevedresa Baobab actuará con Puño Puñete, obra con música en directo, mentres que o 22 de abril será o turno do Xardín Segredo, de Zigzag Danza, de Xixón e o 27 de maio de Teloncillo, de Valladolid, coa obra Muuu, que representa unha vaca imaxinada dende a infancia.

Por outro lado, o Fórum Metropolitano arrincará a programación especial para maiores de 3 anos cunha completa selección de espectáculos que buscan iniciar aos e ás nenas nos mundos creativos. Todas as obras teñen pases para público de centros educativos en horario lectivo e un pase o sábado pola tarde para público familiar. Esta programación se realiza coa colaboración de Agadic, xa que varios dos espectáculos contan coa axuda da Rede Galega.

A programación arrincará o próximo 27 de xaneiro, ás 18.30 horas, coa compañía Teloncillo, de Valladolid, coa obra de Caperucita: lo que nunca se contó, ademais de Limiar Teatro, con O Conto da Azuzaina, que terá lugar o 3 de febreiro, e Danza da Choiva, da compañía Elefante Elegante que se representará o 24 de marzo. O sábado, 14 de abril, tocaralle o turno a O secuestro da bibliotecaria, de Sarabela Teatro, mentres que o 12 de maio La gotera de Lazotea, compañía andaluza, presentará o espectáculo de títeres Garbancito en la Barriga del Buey.  

Do mesmo xeito que no ciclo de menores de 3 anos, as entradas pódense adquirir tanto na Praza de Ourense como, neste caso, no propio Fórum Metropolitano. De xeito telemático tamén poderán comprase a través de ticketea. O precio da entrada será de 6 euros, que se reducirá a 2 euros para menores de 3 aos. Tamén existe a posibilidade de adquirir o Abono 3 (tres entradas para a mesma función) por 15 euros.

Documentos:

Dossier Bebescena (1 MB)

Dossier Todo Público (2 MB)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión