Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xuño de 2017

O Concello sinalizará a praia do Orzán para informar do nivel ao que chegará a auga ao longo da noite de San Xoán

Os horarios dos concertos da explanada de Riazor adiántanse, para comezar ás 20.30 horas e rematar ás 01.45 horas. A Concellería de Medio Ambiente repartirá 4.000 ecovasos

Os servizos municipais de seguridade, de cara a reforzar a información na noite de San Xoán ante a previsión de mareas vivas, sinalizará a praia do Orzán con elementos informativos onde se indicará a previsión do nivel que alcanzará o mar a distintas horas da madrugada, e delimitará esa liña con cintas para que as persoas que estean situadas neses espazos ao longo da tarde e as primeiras horas da noite poidan abandonalos con total seguridade antes de que chegue a auga. Do mesmo xeito, un dispositivo formado por 420 efectivos -sen contar o persoal de limpeza- velará pola seguridade de todas as persoas que participen na celebración, e polo coidado dos espazos, para garantir a sostibilidade desta festa. Nese sentido, de cara a reducir os residuos durante esa noite, a Concellería de Medio Ambiente repartirá 4.000 ecovasos reutilizables en Riazor e o Matadoiro, dentro do proxecto piloto de Praias Vivas.

Igualmente, os concertos da explanada de Riazor adiantarán os seus horarios para facilitar que os  movementos de persoas pola zona do paseo se fagan de forma escalonada, de cara a evitar aglomeracións. Desta maneira, a primeira actuación, da banda Mar de Fondo, comezará ás 20.30 horas, e ás 21.45 horas comezará Yul, para dar paso a Tregua ás 23.00 horas. Ao remate do espectáculo pirotécnico da media noite terá lugar o último concerto, que porá no escenario a Muchachito Bombo Infierno, entre as 00.15 e as 01.45 horas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión