Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de decembro de 2017

O ciclo musical Noites na Cidade Vella, que organiza a asociación Demusicade coa colaboración do Concello, despídese este xoves cun concerto no Museo de Belas Artes

O concelleiro de Culturas salienta esta aposta por dar difusión á música clásica e aos valores patrimoniais do casco histórico da cidade mediante actividades abertas a toda a cidadanía

O Museo de Belas Artes albergará este xoves, día 28, ás 20.00 horas, o derradeiro concerto do ciclo Noites da Cidade Vella, que organiza a asociación Demusicade coa colaboración da Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, unha iniciativa que, como indica o responsable municipal desta área, diríxese a difundir e ampliar o coñecemento musical en espazos artísticos e que conta coa participación da Orquestra de Cámara Galega. Como tamén fai notar o concelleiro, o ciclo, que este ano celebra a súa primeira edición e que conta con financiamento municipal, busca así mesmo vincular a Cidade Vella coa música clásica a través de diferentes espazos como foron o pazo de Capitanía Xeral e a igrexa conventual dos Dominicos, sede das anteriores citas do programa, ou este Museo de Belas Artes, onde terá lugar a clausura. Do mesmo xeito, a actividade busca contribuír á dinamización desta zona da cidade, da súa arquitectura e dos seus valores patrimoniais, a través de actividades culturais gratuítas e cercanas á cidadanía.

Este terceiro concerto do ciclo, ao igual que os anteriores, será de balde para quen queira asistir ata completarse o aforo, e está pensado para público de todas as idades, desde persoas adultas a menores.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión