Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de decembro de 2017

A xira Eldorado World Tour, da artista colombiana, chegará á cidade o 1 de xullo, tras a suspensión do concerto previsto para novembro deste ano por motivos de saúde da cantante

O concelleiro de Culturas avanza a programación do Coliseum para 2018, que suma o espectáculo Ovo do Circo do Sol á aposta pola música, con Ringo Star, Shakira, Pablo Alborán, Fito e Fitipaldis e Vetusta Morla

O recinto superou neste ano as 97.000 persoas asistentes nos seus eventos, cunha media de máis de 5.000 nos espectáculos de pago, “o que leva a falar dunha crecente especialización do espazo, con eventos máis específicos e de maior impacto”

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, avanzou este mércores, xunto co director do Coliseum, Javier Rodríguez, as liñas principais da programación deste recinto para o ano que vén, "un dos espazos culturais máis significativos da cidade, tanto pola súa capacidade como pola súa condición multidisciplinar e tamén pola súa tradición", e que acollerá no 2018 espectáculos de gran formato. Deles, Rodríguez destacou o que ofrecerá en decembro o Circo do Sol durante dúas fins de semana, "a grande aposta, tanto por cifras como por calidade e polo tremendo valor engadido, e que porá A Coruña como a única cidade de España na que o espectáculo Ovo estea en representación", antes de anunciar os primeiros eventos musicais. Neste ámbito, a axenda ábrese o 24 de marzo, con Fito e Fitipaldis na súa xira de 20º aniversario, un concerto que xa ten vendidas todas as localidades a día de hoxe. O 12 de maio chegará Vetusta Morla, que ten vendido xa 4.000 entradas, case o 50% do aforo de venda, e entre xuño e xullo estarán, entre outros nomes, Pablo Alborán o 22 de xuño, e Ringo Star o 29 dese mesmo, que chega cun formato de 6.000 localidades, e que é, segundo subliñou Rodríguez, "a aposta diferencial do Coliseum, un concerto no que se leva traballando máis de 14 meses e que supón unha oportunidade única, como é ter un beatle na cidade e en Galicia". A eles unirase o concerto de Shakira, que chegará á cidade o domingo 1 de xullo, tras a suspensión da súa actuación este ano por motivos de saúde da artista. As entradas adquiridas para a data inicial serán válidas para o concerto de xullo. Ademais, desde hoxe mesmo e ata o día 17 de xaneiro ábrese o prazo para a devolución de entradas, a través dos puntos de venda oficiais onde foron compradas. Xa en outono, o de Dani Martín, que volverá ao Coliseum o 27 de outubro. A estes eventos sumaranse, en próximas datas, novos espectáculos musicais así como as propostas dirixidas a público familiar, "o que fai que nos plantexemos como obxectivos  superar as 140.000 entradas vendidas e os 5 cheos absolutos", indicou o director do multiusos.

Como tamén resaltou o director, o Coliseum pechará este 2017 con máis de 97.000 asistentes e un total de 18 eventos anuais, e 13 funcións de pago. Deles destacou os espectáculos musicais como "os grandes protagonistas", con máis do 40% do peso global, con nomes internacionais como Carlos Vives e Gente de Zona a inicios de ano e os concertos de Ricky Martin e Juan Luis Guerra en xuño e xullo, ademais "dun protagonista único musicalmente falando, como é Joaquín Sabina, que conseguiu o que ninguén conseguira nesta cidade, como é vender 12.000 entradas para un concerto en xira, e primeira vez que o recinto acolle un doblete musical", salientou Rodríguez.

O número de asistentes chegou ás 66.000 entradas vendidas nos 13 espectáculos de pago, "un bo número tendo en conta que a media cada vez que o Coliseo abre as súas portas é de máis de 5.000 persoas, polo que se pode dicir que o recinto está camiñando cada vez cara á súa especialización, con eventos máis específicos pero con maior impacto". "Os promotores entenden que a cidade é apetecible e ten capacidade para albergar grandes eventos", observou.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión