Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de maio de 2017

O concelleiro de Culturas salienta que o Noroeste Estrella Galicia 2017 “é unha aposta de cidade que vai máis alá da música”

José Manuel Sande deu a coñecer esta mañá as liñas básicas dun festival que nesta edición se desenvolverá en 15 espazos distintos da cidade e contará con 200 horas de música e máis de 90 bandas, entre o 8 e o 13 de agosto

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, deu a coñecer esta mañá, nun acto celebrado na Fundación Luís Seoane, as liñas mestras da edición número 31 no Noroeste Estrella Galicia. Esta será o festival máis ecléctico, ademais do que reunirá a un maior número de bandas, de escenarios e de artistas galegas. Segundo indicou o edil, "este festival vai máis alá da música, xa que é unha aposta de cidade". "Non só damos a coñecer, unha vez máis, o potencial artístico da Coruña, unha cidade ilustrada e de música, senón que tamén poñemos en valor os nosos espazos simbólicos e tradicionais, polo que esperamos que se converta tamén nun polo xerador de turismo e de xeración económica", destacou. "En 2015, cando o actual Goberno local chegou a María Pita, a pesar da escasa marxe de manobra, iniciamos un cambio na concepción deste recoñecido festival. Hoxe, podemos dicir que damos a coñecer as liñas básicas do Noroeste do futuro, que é unha imaxe da propia cidade. Este evento representa unha cultura de proximidade, experiencial, sostible e de vangarda", comentou. "O Noroeste potencia a proxección da cidade e da súa marca contemporánea a nivel internacional", explicou.

En canto ao crecemento do Noroeste Estrella Galicia en cifras, o concelleiro fixo fincapé no "extraordinario crecemento e impulso dos últimos anos". A edición do Noroeste de 2014, contou con 8 bandas situadas en tan só un escenario da cidade (a praia). En 2015, pasóuse a 31 bandas en 4 escenarios, relación que medrou ata 60 actuacións e 9 escenarios en 2016. "Este ano, imos moito máis alá, con 15 localizacións distintas ao longo de toda a cidade, incluída a praia e máis de 90 grupos", manifestou. As horas de música tamén se disparan, incluíndo sesións matinais durante os días do festival e chegando a máis de 200, fronte ás 100 horas rexistradas o pasado, as 38 horas de 2015 e as 10 horas de 2014, co anterior Executivo municipal. O Noroeste de 2017 tamén fai unha aposta especial pola música feita en Galicia e na Coruña, xa que conta con 46 bandas e artistas galegas, fronte as 4 de 2014, 17 de 2015 e 28 de 2016.

Sande presentou as liñas mestras do festival nunha rolda de prensa na que estivo acompañado de representes de entidades colaboradoras. Ademais de Víctor Mantiñán, brand manager de Son Estrella Galicia, tamén estivo presente Sara Roca, coordinadora da asociación Nave 1839; Yolanda Villa, tesoureira de Clubtura e xerente da sala Mardigras; Rocío Núñez, da directiva de Desconcerto Cultural; Xosé Lois Romero da xunta directiva de Músicos ao Vivo; Tomi Legido, coordinador do Concurso de Bandas e socio fundador de Cuac FM e Rolo, voz e guitarrista de Ánima, gañadores da pasada edición do concurso de maquetas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión