Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de maio de 2017

O concelleiro José Manuel Sande destaca "o espírito formativo e pedagóxico" do (S8) Mostra de Cinema Periférico, cuxa oitava edición comezará o próximo 31 de maio

O edil pon sobre a mesa “a proxección internacional” dunha cita “que aposta pola sinerxia entre diversas disciplinas artísticas que teñen lugar na nosa cidade”

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participou esta mañá na presentación da oitava edición do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico, o encontro audiovisual gratuíto e aberto á cidadanía que explora linguaxes cinematográficas de vangarda. A Mostra, que terá lugar entre os días 31 de maio e 4 de xuño, este ano afondará no cinema de apropiación ou found footage. O edil destacou a "singularidade e calidade" dun evento "único" na cidade, "no país e no Estado", así como o papel "formativo, cultural e artístico que xogou e xoga o festival na Coruña". "Poucos proxectos en Galicia teñen unha vocación internacional tan manifesta como o S8", expuxo o titular de Culturas, quen destacou "o espírito formativo e pedagóxico" dun encontro que, "desde as súas primeiras edicións, e ao longo destes anos, contribuíu a que os elementos que permiten a evolución da linguaxe cinematográfica e fílmica fosen comprendidos por todos os públicos".  

O festival, cuxa oitava edición leva por título Obxectos e aparicións, inaugurarase o próximo día 26 cun cinema concerto no que se proxectará unha copia restaurada de Fausto, e que contará coa música ao vivo da orquestra Sinfónica de Galicia. Neste sentido, o edil destacou as "sinerxias entre as diversas disciplinas artísticas" que se darán cita nesta cerimonia, que terá lugar no Pazo da Ópera. "e que afondarán, de novo, e tal e como mostra dun xeito evidente a propia Mostra, nas novas formas de mostrar as variedades de vangardas e novas linguaxes que están a convivir na nosa cidade".  O concelleiro de Culturas quixo tamén destacar dúas novidades do festival, como o libro DVD conmemorativo 8S8,  "que permite a todas as persoas ter a posibilidade de percorrer a historia, de calidade e coherente, da Mostra", así como as novas bolsas de creación, en formato de residencia artística, que se porán en marcha en colaboración co Centro de Creación e Formación de Cine independente de Toronto (LIFT). "Esta proposta encaixa perfectamente coas liñas de apoio e acompañamento a creadoras e creadores locais postas en marcha por este Goberno, e que permiten o desenvolvemento do traballo artístico así como a difusión do mesmo a través da colaboración con outras entidades", salientou o responsable municipal.

Museos Científicos

Preguntado polos medios de comunicación sobre as medidas do Goberno local para garantir a continuidade do servizo e mantemento dos postos de traballo do cadro de persoal de atención ao público dos Museos Científicos Coruñeses, o titular da área de Culturas salientou "a confianza e a certeza que tanto o Concello como os representantes do cadro de persoal temos nun novo contrato que mellore unha situación que vén dada por contratacións anteriores", así como "a relación satisfactoria e de colaboración entre as partes", así como

Sande explicou que, entre os compromisos adoptados polo Concello da Coruña para "avanzar e protexer" os dereitos do cadro de persoal do servizo, están poñer en marcha medidas como a inclusión nos pregos dunha cláusula social "para que non haxa rebaixas salariais e se manteña a retribución no novo contrato", así como unha cláusula que dea seguridade xurídica aos eventuais licitadores. "Tamén cabe a posibilidade de ampliar, á alza, o prezo do contrato, no caso que os datos acrediten que estes non se corresponden coa realidade do servizo", explicou o edil.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión