Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de xullo de 2017

O Goberno local dá luz verde á adxudicación do contrato da atención ao público dos Museos Científicos para os próximos dous anos

A Xunta de Goberno local extraordinaria celebrada este xoves validou a proposta, que permite garantir a continuidade do servizo e o mantemento dos postos de traballo

A Xunta de Goberno local celebrada en sesión extraordinaria este xoves acordou dar luz verde á proposta da Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento para adxudicar o contrato do servizo de atención ao público dos Museos Científicos á empresa Osventos Innovación en Servizos SL, por ser a súa proposta a que acadou maior puntuación no procedemento. Tal e como se acordou, o prazo de duración do contrato será de dous anos, ou ata a formalización dun novo contrato para este servizo, que se licitará mediante procedemento aberto, e o prezo máximo do contrato ascenderá a 728.417 euros (IVE incluído), cunha previsión de 424.910 euros de gasto máximo para este 2017, 728.417 euros para o 2018 e de 303.507 euros para o 2019. Ao respecto, o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, salientou o "esforzo feito por todos os actores implicados para poder sacar a luz e adxudicar un contrato que garante que a cidadanía terá cuberto un servizo esencial para nós como é o acceso a uns espazos de cultura científica".

A adxudicación do contrato chega logo de que o pasado día 3, a comisión negociadora procedese en acto público á apertura da oferta final das proposicións económicas e bolsas de horas de monitores e audiovisuais --e se levase a cabo, ao día seguinte, a valoración das ofertas por parte da dirección de área--, despois dunha modificación dos pregos da contratación por parte da Xunta de Goberno local (en data 2 de xuño), dirixida a ampliar o prazo do contrato e introducir cláusulas sociais e de reequilibrio do contrato, para garantir deste xeito a continuidade do servizo e o mantemento dos postos de traballo en condicións de seguridade e estabilidade. "Con esforzo e boa vontade, ademais de cunha boa sintonía cos e coas traballadoras e os e as súas representantes, logramos un contrato cunhas cláusulas onde foron ampliando as garantías laborais e que resultou de conformidade para todas as partes", explicou o representante municipal.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión