Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de xullo de 2018

O programa 'Coruña en forma' amplía actividades e espazos na terceira edición “desta proposta gratuíta e descentralizada nos barrios” que dá continuidade á programación deportiva durante os meses de verán

O concelleiro José Manuel Sande explicou que as actividades, que comezan mañá e se manterán ata finais de setembro, non requiren inscrición previa e contan con monitores e monitoras para guiar a práctica deportiva. A veciñanza participou nas clases do pasado ano nun total de 7.551 ocasións.

O programa Coruña en forma incorpora unha nova actividade e outro espazo para a práctica deportiva dentro da programación da súa terceira edición, que comeza mañá, sábado. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, deu a coñecer esta mañá a planificación deportiva -que é aberta a todos os públicos e gratuíta- prevista polo Goberno municipal para os meses de xullo a setembro, como maneira de dar continuidade ao labor das Escolas Deportivas municipais durante o verán e favorecer e fomentar a práctica deportiva como hábito de vida saudable entre a cidadanía de todas as idades. "Hai moitas liñas de dirección da nosa política deportiva coas que enlaza esta proposta, como é a gratuidade e o acceso para todos e todas ao deporte, algo que se pode gozar non só conxuntamente senón de maneira accesible, e tamén coa idea de posta en valor dos espazos urbanos e a descentralización das actividades nos barrios", resumiu o concelleiro.

O programa Coruña en forma, que reparte as súas oito actividades por 11 espazos da cidade, consta de tres bloques de actividades, todas elas dirixidas por monitores e monitoras e que non requiren inscrición previa. No primeiro deles se propoñen actividades como Tai Chi, pilates, ximnasia aeróbica e zumba --a novidade deste ano--, que se desenvolven de luns a venres en diferentes horarios e localizacións, entre eles Riazor, o miradoiro do Matadoiro, o parque Europa, a praia de Oza e o parque de Vioño, espazo que tamén se incorpora para afondar na descentralización das actividades polos barrios. Tamén se utilizarán seis parques biosaudables da cidade  --na praza Elíptica dos Rosales, Luís Díaz González, parque de Santa Margarita, Sagrada Familia, parque de Oza e San Diego-- para propoñer diferentes exercicios os luns, martes, xoves e venres entre 10.00 e 11.00 horas. Ademais, hai un terceiro grupo de actividades enfocadas cara ao lecer activo como son as andainas, as rutas a patíns ou saídas cos cans, cuxa axenda pode consultarse na web www.coruna.gal/portal/gl/cidade/deportes/coruna-en-forma

O concelleiro fixo tamén balance da "boa acollida" do programa o pasado ano, no que a veciñanza participou en 7.551 ocasións nas actividades. Por meses, o total de asistencia foi de 2.094 en xullo, 2.923 en agosto, e de 2.534 en setembro, con medias máis altas de asistencia en zonas centrais da cidade, como a explanada de Riazor, onte 51 persoas de media practicaron Tai Chi ou 68, tamén como media, fixeron ximnasia aeróbica. Sande apuntou que tamén se mantivo unha boa asistencia nos barrios, como a vintena de veciños e veciñas que, por término medio, asistiron ás clases de pilates no parque Europa ou as 16 nesta actividade na área de Oza. Na presentación desta nova edición, que se desenvolve coa colaboración de Horno Sanbrandán, participou tamén o seu coordinador de tendas, Fernando Buendía, que explicou que a iniciativa conta tamén cun sistema de incentivos por participación, en función da asiduidade ás actividades, que se premiarán con "agasallos en comidas como ensaladas, en liña cunha iniciativa de vida saudable".

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión