Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de setembro de 2017

O proxecto 'Retrata o teu barrio' ofrecerá desde esta fin de semana obradoiros de fotografía urbana de carácter gratuíto

As actividades, que se prolongarán ata o 21 de outubro, inscríbense na convocatoria municipal Cultura de Barrio, e incluirá ademais dos cursos formativos e as saídas formativas unha exposición colectiva do traballo dos e das participantes

O centro cívico de Monte Alto acollerá este venres, día 22, o primeiro dos obradoiros de fotografía urbana recollidos dentro do proxecto 'Retrata o teu barrio', unha actividade que organiza o colectivo Caos e que o Concello da Coruña impulsa a través da súa convocatoria Cultura de Barrio, que promove a Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento para apoiar proxectos socioculturais de asociacións e colectivos da cidade e contribuír a deseñar a programación cultural nos distintos barrios e espazos da cidade. Neste caso, a proposta baséase na creación dun espazo de vangarda a través dunha serie de actividades de carácter aberto e gratuíto vinculadas á fotografía que terán lugar entre o vindeiro venres e o 21 de outubro, e que inclúen talleres formativos interiores e de rúa, co obxectivo de espertar o interese dos e das veciñas dos distintos barrios da cidade pola fotografía e utilizar esta disciplina como vehículo socializados e de valor cultural. Nese sentido, os obradoiros de fotografía de rúa, que terán lugar en  distintos puntos da cidade, buscan captar a actividades da vida cotiá dos espazos comúns da cidade, mentres que as clases de retrato van dirixidas a afondar nas persoas que habitan os barrios.

A actividade, aberta a calquera veciño ou veciña da Coruña e da súa área metropolitana maior de 18 anos, é gratuíta e require inscrición previa a través do correo asfocc@colectivocaos.org ou ben de forma presencial no centro cívico de Monte Alto. Cada taller terá un máximo de 15 persoas participantes.

O primeiro taller, sobre fotografía urbana, terá lugar na tarde deste venres no centro cívico de Monte Alto, que acollerá ao día seguinte o segundo dos obradoiros, este centrado no retrato fotográfico, ambos de carácter teórico. Os venres 29 de setembro e 6 de outubro se realizarán dúas saídas polo barrio de Monte Alto para o taller de fotografía urbana, e os sábados 30 de setembro e 7 de outubro para o de retrato. Na primeira saída, as e os participantes recibirán una cámara para facer prácticas da información teórica recibida, se ben para as saídas deberán empregar os seus medios (cámaras réflex, automáticas ou, simplemente, un teléfono móbil). A actividade parará a semana da ponte de outubro, e retomarase a fin de semana do 20 e o 21, para analizar os traballos dos talleres. Finalmente, a proposta contempla unha exposición coas fotografías realizadas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión