Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de xullo de 2018

O XXI salón ‘Viñetas desde o Atlántico’ reúne a creadores e creadoras consagrados que participaron nas primeiras edicións do encontro

O concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, considera que a cidade “vive unha época de esplendor” no sector gráfico e na ilustración ligado ao festival, que, entre o 6 e o 12 de agosto, contará con Emma Ríos, David Rubín, Homs ou Munuera

O Salón Internacional de Cómic da Coruña, Viñetas desde o Atlántico, entra na súa terceira década expoñendo o traballo de autores e autoras xa consagradas e que pasaron nas primeiras edicións do festival como noveis. Trátase da obra dos galegos Emma Ríos e David Rubín, nomeados a varios premios Eisner, Homs e José Luis Munuera, como explicou o director do salón, Miguelanxo Prado. Na presentación desta nova edición, que se celebrará entre o 6 e o 12 de agosto, o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, vinculou a "efervescencia e a creatividade do sector gráfico na cidade" coa traxectoria de Viñetas desde o Atlántico. "É tremendo ver a listaxe de obras, premios e a repercusión da ilustración ligada ao cómic da cidade. Vivimos unha época de esplendor gracias ao que representa a iniciativa de Viñetas dende o seu nacemento", considerou.

A XXI edición do salón exporá, ata o mes de setembro, os orixinais dos últimos traballos "de autores e autoras hoxe consagrados, cun oco específico no mercado internacional, pero que presentaron no salón algunha das súas primeiras creacións", indicou Prado. Ademais de Ríos, Rubín, Munuera --autor do cartel de Viñetas desde ano--, e Homs, estarán no festival as creadoras Cristina Durán, Belén Ortega e Mame Moreu, o premiado no último Salón del Cómic de Barcelona, Ángel de la Calle, os galegos Tirso Cons e Xosé Tomás e o ilustrador José Ramón Sánchez, que realizou unha adaptación de Moby Dick na súa primeira incursión no mundo da banda deseñada. "Este ano contamos cunha programación de base estatal con enorme calidade. Unha vez máis estas pautas de prestixio e de excelencia do salón se cumpren", indicou Sande. O concelleiro lembrou que o Salón Internacional de Cómic da Coruña recibiu, no mes de maio, na III Gala do Libro o premio como á mellor iniciativa cultural para o fomento da lectura

A programación do salón, que se irán concretando nas próximas semanas e se poderá consultar na web www.vinetasdesdeoatlantico.com, completarase cunha mostra sobre o cómic independiente galego e coa exhibición dos orixinais do último premio Castelao, Beatriz Lema Rivera.

Viñetas desde o Atlántico contará, nesta edición, con cinco sedes expositivas que manterán a programación ata o mes de setembro. No Kiosko Alfonso estará exposta a obra de Davíd Rubín, Emma Ríos, Belén Ortega, Jospe Homs e Ángel de la Calle, gañador no último Salón del Cómic de Barcelona coa súa obra Pinturas de Guerra. A Sala Municipal de Exposicións no Palexco albergará as obras dos galegos Tirso Cons e Xosé Tomás, xunto a doutras artistas como Cristina Durán, Mamen Moreau e José Luis Munuera. No Pazo Municipal de María Pita poderase ver a obra do Premio Nacional de Ilustración de 2014, José Ramón Sánchez, mentres que na sala Salvador de Madariaga estará pendurado o traballo O Corpo de Cristo de Bea Lema Rivera, Premio Castelao 2017, e unha exhibición de cómic independente de Galicia, comisariada por Rubén Romero. Por último, a Torre de Hércules  mostrará todos os carteis das distintas edicións de Viñetas desde o Atlántico.

Instalacións deportivas

Por outra parte, o concelleiro lembrou, a preguntas dos medios, que a nova convocatoria para o uso das instalacións deportivas, que sairá proximamente, "establece melloras como a de engadir horas para os novos clubs, que era unha das dificultades que había, e deportes como o atletismo despois do arranxo das pistas de Elviña". Neste sentido, Sande indicou que a concellería ofreceu ao tecido deportivo, "moi claramente, a posibilidade de axudar a establecer criterios" para esta convocatoria.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión