Concello da Coruña

Concello da Coruña

Na beira

A costa, ese lugar no que conviven o ser humano, a terra e o mar, exerce unha irresistible atracción para Cristina Mittermeier, interesada en estudar a relación que se establece entre estes tres elementos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 19/09/2017 ata o 19/11/2017

Xa rematou

Horario:

De luns a domingo de 12 a 14 h e de 18 a 21 h

Enderezo:

Sala de exposicións PALEXCO. Peirao de Transatlánticos s/n. 15003 A Coruña

Prezo:

gratuíta

A fotógrafa percorreu o mundo en busca de espazos nos que o home conserva aínda unha estreita vinculación co océano e polo tanto mantén unha relación de respecto e coidado profundo. Mittermeier conviviu con diversas comunidades indíxenas-en Hawaii, India ou Madagascar- que viven do mar e para o mar. Na beira é unha produción do Festival que se presenta na Coruña por primeira vez.

Bióloga mariña de formación, Cristina Mittermeier é fotógrafa, conferenciante e exploradora de National Geographic e fundadora de Sea Legacy, unha organización que loita pola defensa dos océanos mediante o poder das historias. Ao longo da súa carreira, Mittermeier editou 24 libros de fotografía de natureza e publicou artigos nalgunhas das revistas máis prestixiosas do mundo, como National Geographic ou Time. Foi galardoa co premio Mission Award da Asociación Norteamericana de Fotografía de Natureza, o Smithsonian Conservation Photographer of the Year Award e o Imaging Award for Photographers Who Give Back. É membro da Academia Mundial de Fotografía e Artesá Sony de la Imagen. Recentemente foi recoñecida, pola revista Outdoor Magazine, como unha das figuras máis influentes do mundo en fotografía de natureza.

A exposición "Na beira" compleméntase con visitas para público xeral e para grupos escolares.

Outras actividades de Cristina Mittermeier na Coruña; Story Telling, Taller "Como contar historias para cambiar o mundo" e Visionado de portfolios.

+info: www.cristinamittermeier.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión