Concello da Coruña

Concello da Coruña

Encontro de escolas de arte

Actores novos presentan espectáculos de teatro. Porque é unha maneira sa de atoparse, compartir, aprender, crecer e divertirse.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 23/06/2017, 24/06/2017, 25/06/2017

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata encher a capacidade. Aberto ao público xeral.

Un escenario como punto de encontro para a mocidade que dedica o seu tempo libre a facer teatro.

Estes encontros lévanse realizando desde hai xa varios anos. Artistas mozos vanse de xira a outros puntos de España para coñecerse a través dos seus intereses comúns. Valencia, Málaga, Madrid e Zaragoza foron as cidades de encontros pasados. Este ano tócalle á cidade da Coruña.

Desde A Coruña, as escolas de teatro KATARSIS e ANDAMIO viaxaron a Zaragoza e Madrid nas pasadas edicións para participar destes encontros. Unha experiencia enriquecedora para o seu alumnado que quere seguir participando, pero esta vez, exercendo de anfitrións. Así, da man de GATEA, (Artes Escénicas para todos os públicos -Galicia) e no centro ÁGORA realizaremos o ENCONTRO DE ESCOLAS DE ARTE 2017.

Nestes encontros mocidade de 10 a 18 anos de idade asiste a talleres impartidos polas escolas participantes e cada escola presenta unha proposta escénica.

AXENDA DE ACTIVIDADES

VENRES 23 de xuño nas escolas KATARSIS e ANDAMIO

18.00 a 20.00 h TALLERES para a mocidade participante da mostra en KATARSIS e ANDAMIO

SÁBADO - 24 de xuño no CENTRO ÁGORA

ESPECTÁCULOS

12.30 h Teatro del Andamio presenta EL SUEÑO DE UNA NOCHE DE VERANO

16.30 h ESTUDIO NEREA LOVECCHIO presenta ZAPATILLAS ROJAS - situacións límites que fan aflorar o lado humano.

17.15 h KATARSIS, School of Drama and English presenta I AM ALICE, unha versión moderna inspirada en Alicia no país das marabillas.

18.45 h TYL TYL TEATRO presenta IMAGINE inspirada na canción de Imagine de John Lennon.

DOMINGO 25 de xuño no CENTRO ÁGORA

11.30 a 13.30 h DEBATE E REFLEXIÓN E ENTREGA DE DIPLOMAS

19.00 h ROMEO Y JULIETA de KATARSIS

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión