Concello da Coruña

Concello da Coruña

Esferic de Aboon Teatre

Imaxinemos outro lugar, onde o tempo non é tempo. Un lugar de corazóns nobres e sabios, un espazo de felicidade.

A quen vai dirixido?:

Espectáculos para público de 1 a 3 anos

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

26/11/2017

Xa rematou

Horario:

11.30 e 13.00 h

SOLICÍTASE PUNTUALIDADE. UNHA VEZ COMEZADO O ESPECTÁCULO NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA

Duración:

42 minutos

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 6'00 euros

Abono 3: 15'00 euros

Menores de tres anos: 2'00 euros

Capacidade reducida

**Todas as persoas que accedan ao espazo no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada

Televenda:

Ticketea

Documentos:

Programa Bebescena Outono 2017 (313 KB)

É un proxecto ambicioso, desexado longamente, nacido co propósito de experimentar a gratitude pola vida. E hoxe por fin ve a luz. Hoxe nace o noso Planeta Terra. Dúas viaxeiras deste non-tempo son as encargadas de iniciarnos nesta aventura.

Desde os principios de lava e lume ata as auroras boreais do Ártico, pasamos polos misterios do océano e bosques milenarios, sempre acompañados por algún dos seus simpáticos habitantes. Unha viaxe para redescubrirmos o noso planeta Terra e emocionármonos con el.

Dúas viaxeiras interestelares experimentarán o seu paso pola terra, vivindo diferentes emocións nas catro paisaxes que descubrirán.

En Esferic hai catro escenas que representan os ciclos da vida a nivel macro e micro.

Idea orixinal: Aboon teatro e Eduardo Telletxea. Dirección: Eduardo Telletxea. Interpretación: Anna Serra e Mei Samarra.

VENDA DE ENTRADAS

DESPACHO CENTRAL DE BILLETES DA PRAZA DE OURENSE: de luns a venres, agás festivos, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

DESPACHO DE BILLETES DE ÁGORA: aberto só os días de función, desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

TELEVENDA: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h, sábados de 14.00 a 22.00 h e domingos de 16.00 a 21.00 h) e na web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión