Unha oportunidade de gozar coa proxección de ESTIRPE e posteriormente conversar co director e o produtor.
Para público en xeral
11/08/2017
Xa rematou
20:00 h
* Pídese puntualidade. Unha vez comezada a proxección non se permite o acceso á sala.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Gratuíta (ata completar a capacidade da sala)
"Estirpe", ópera prima do coruñés Adrián López que conta na súa repartición con Sergio Peris-Mencheta, Silvia Alonso, Nacho Aldeguer ("Cuéntame"), Borja Crespo (Snuff2000, Neuroworld), Rocío León (Afterparty), Javier Botet (saga REC,), Ignatius Farray ("El fin de la comedia") e veteranos como Roberto Álvarez ou Fabio León (Curro Jiménez, Estudio 1).
Parte do financiamento desta longametraxe conseguiuse a través dunha campaña de crowdfunding na rede.
De que vai?
A película trata sobre Estirpe, cómic publicado en 1969 que se converte en clásico de culto. 45 anos despois, unha produtora que quere adaptalo ao cinema, encárgalle a María, avogada, que atope o seu autor para conseguir os dereitos. Con tres niveis de narración entrecruzados, "Estirpe" contaranos mediante flashbacks como se creou o cómic e por que desapareceu o seu autor. Nun ton máis documental, as circunstancias da súa volta e a adaptación da súa obra. E por último, nun exercicio de metacine, fragmentos desta xa rodada, que nos dan máis pistas para completar o quebracabezas. En Estirpe, o cómic, Ciclón e Mara loitan contra o Cuarto Reich alemán que queren invadir o noso país, aínda gobernado por Franco.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible