Concello da Coruña

Concello da Coruña

Exposición de Alberte Couto e Isabel Viña

O importe da venda destinarase á Área de Salvamento Marítimo da Cruz Vermella da nosa provincia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 20/10/2017 ata o 25/11/2017

Xa rematou

Horario:

De luns a venres, de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas

Sábados de 12:00 a 14:00 horas

Enderezo:

Rúa Riego de Agua 29, 1º. 15001 A Coruña

Prezo:

Entrada libre

Organiza:

Colexio Oficial de Médicos da provincia da Coruña

O venres 20 de outubro, ás sete da tarde, inaugúrase na sede de Colexio Oficial de Médicos da provincia da Coruña, rúa Rego de Auga, 29, 1º, unha exposición de fotografía, pintura e gyotaku, titulada Mar a dous, do fotógrafo Alberte Couto e a pintora Isabel Viña. Con esta mostra, que permanecerá aberta ata o 25 de novembro os seus autores pretenden amosar diferentes perspectivas, imaxes e elementos vencellados ao mar de Cedeira, desde dúas visións que non esquecen o inexcusable alento mariñeiro e a peculiar idiosincrasia do municipio do que son oriúndos. Toda a obra que se expón está á venda e os ingresos que se obteñan destinaranse a Área de Salvamento Marítimo da Cruz Vermella da provincia da Coruña, que exerce un labor tan relevante e vital como perigoso nas costas de Cedeira, segundo os autores.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión