Concello da Coruña

Concello da Coruña

Falando en prata

Ateneo de Ourense

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 03/12/2017 ata o 29/12/2017

Xa rematou

Horario:

(Inauguración venres 3 de decembro ás 19.00 h)

- Luns: pechado

- De martes a sábado

Mañás de 11:00 a 13:30 h

Tardes: de 18:00 a 20:00 h

- Domingos e festivos

Mañás de 12:00 a 14:00 h

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

Cando hai un par de anos retomei a fotografía, atopeime que os poucos produtos que me quedaban na neveira do laboratorio estaban caducados. A solución foi investigar en Internet. Alí atopeime cunha web dunha empresa que tiña de todo e máis, pero á vez esta empresa tiña unha web cun foro destinado aos fotógrafos trasnoitados coma min. Ao entrar nela decateime de que había outra, logo outra,...

Enseguida rexistreime nos tres foros e empecei a participar activamente en cantidade de conversas, discusións e debates técnicos e artísticos que se producían sen solución de continuidade. De súpeto atopeime rodeado virtualmente por unha cantidade de amigos que gozaban e apreciaban o mesmo ca min: a fotografía tradicional...

Por outra banda, en Ourense desde hai máis de vinte e cinco anos realízase un evento, o "Outono fotográfico", que reúne durante os meses de novembro e decembro máis de cen exposicións en toda a xeografía de Ourense e provincias limítrofes, mesmo de Portugal.

Dáse a circunstancia de que o Ateneo de Ourense, de cuxa directiva formo parte, colabora todos os anos co Outono. Cando no Ateneo estabamos a planificar a colaboración co Outono fotográfico do ano pasado, xurdiu a idea de facer unha convocatoria para unha exposición colectiva a fotógrafos de toda España.

Púxenme en contacto a través dos anteditos foros con todos os compañeiros e ao final conseguimos unha participación de trinta e oito fotógrafos de toda España.

A condición era que todas as fotos estivesen feitas con técnicas tradicionais ou históricas.

De aí o título "Falando en prata", o metal nobre, elemento fotosensible da fotografía tradicional.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión