Concello da Coruña

Concello da Coruña

Festa do Apego na Coruña: As parábolas de Pakolas

Pakolas fará un peche de festa do Apego especial para gozarmos en familia dun gran día. Haberá sorpresas e abofé que o pasaremos moi ben!

A quen vai dirixido?:

Crianzas maiores de 3 anos. Do 27 ao 29 de agosto terán preferencia as persoas inscritas no programa Apego no Concello da Coruña. Se quedaren prazas, a inscrición abrirase ao público xeral o mércores 29 de agosto.

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

01/09/2018

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 27/08/2018 ata o 01/09/2018

Formulario de inscrición

Horario:

18.30 horas

Duración:

unha hora

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Nota: se unha vez reservada praza non se pode asistir, agradecemos que nolo comuniquedes para que outra pequena ou pequeno poida gozar da actividade. 

Requisitos:

O espectáculo está destinado a crianzas maiores de 3 anos acompañadas pola familia. É necesaria a inscrición en ticketea que se abrirá a partir das 10.00 horas do 27 de agosto. Cada persoa que vaia asistir (nena/o, nai, pai etc.) precisa a súa entrada.

Organiza:

Servizo de Normalización Lingüística

Documentos:

Programa da Festa do Apego (164 KB)

Música infantil para compartir en familia. "As Parábolas de Pakolas" chega da man de Paco Cerdeira como espectáculo no que Pakolas interpreta en directo unha escolla dos seus temas propios para público infantil, con música xirando en torno ao rock e outros estilos que entusiasman aos cativos e cativas, e con letras sempre axeitadas para os mais pequenos.

Presenta así un espectáculo musical de formato individual, tocando a súa guitarra e interpretando cancións da súa autoría formando parte estas das propostas musicais para público infantil.

As entradas poderán retirarse a partir do 27 de agosto en ticketea. É preciso ter unha entrada por cada persoa que asista.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión