Concello da Coruña

Concello da Coruña

Festival Internacional GALICREQUES 2019

VII Festival Internacional de Monicreques da Coruña sendo esta unha extensión de XXIV festival Galicreques.

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

Dende o 12/10/2019 ata o 20/10/2019

Xa rematou

Enderezo:

Sala Gurugú. Rúa Agra do Orzán 3. 15010 A Coruña

A Sala Gurugú (rúa Agra do Orzán, 3) acollerá entre o sábado 12 e o domingo 20 de outubro un total de cinco funcións do Galicreques.

A actividade principiará o propio día 12 ás 18.30 h coa obra Caminito entre cartas, da compañía arxentina Teatro Piedra Libre.

Ao día seguinte, o domingo ás 12.30, o escenario da Gurugú daralle a benvida a Mad Compass, que presentará dúas obras: El barrendero e Limpiabotas.

O Galicreques regresará á Sala Gurugú a seguinte fin de semana. Dese xeito, o venres 18 ás 18.30 h será a quenda de Vairoleto, pechito libre, estrea en Galicia da compañía arxentina La Pelela Títeres.

Pola súa banda, o sábado 19, Nella Férrez representará La Caperucita e, xa o domingo 20 ás 12.30 h, os manchegos de Títeres Larderos porán o ramo na Coruña coa obra Pelos, misión, bolsa y paso.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión