Concello da Coruña

Concello da Coruña

Figurines

de Iván Prieto

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 29/06/2017 ata o 01/09/2017

Xa rematou

Horario:

L/v de 10.00 h a 14.00 h e de 17.30 h a 20.30 h

Enderezo:

Espazo Moret Art. Rúa Uruguay 1, bajo. 15004 A CORUÑA

Moret Art ten o pracer de convidalo/a á inauguración da exposición 'Figurines' na que poderá gozar da obra máis recente do escultor ourensán Iván Prieto. Contaremos co acompañamento do artista e un rico aperitivo. Inauguración: xoves, 29 de xuño, ás 20.00 horas

Nesta ocasión a escultura e a moda fusiónanse dando como resultando unha serie de pezas moi próximas aos manequíns -de aí o título "figurines"- que sustentan orixinais deseños de formas e complementos, "trátase de utilizar o corpo, a figura como escusa para imaxinar diferentes vestimentas", afirma o artista. Deste xeito, Prieto rompe as cadeas da escravitude que nos ata hoxe en día aos canons de beleza impostos pola sociedade vestindo ás súas pezas dun modo absolutamente surrealista.

Na exposición aparecen bailarinas, bustos e unha serie de figuras que parecen "esmagadas", seres formalmente un tanto grotescos con eses ecos surrealistas e expresionistas recorrentes na súa traxectoria, pero ante todo seres tenros e próximos con gran dose de humor e ironía. Algúns desinhíbense con tocados conformados por patos, cun potente colorido e mesmo con referencias á estética punk berlinesa. Son esculturas que nos convidan a voar e internarnos nun universo libre de ataduras tan necesario como urxente na sociedade contemporánea.

A nivel técnico a maior parte das figuras están realizadas en cerámica, unha técnica en auxe que está a vivir unha época dourada, e outras en resina, posteriormente tratadas con esmaltes, acrílicos, ceras, óxidos e demais materiais que confiren múltiples matices ás pezas.

* Iván Prieto (O Barco de Valdeorras, 1978) formouse na Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid. Na súa traxectoria destacan o Premio Novo da Universidade Complutense de Madrid así como o 1º Premio Concurso Galiza Crea. As súas pezas foron expostas en destacados espazos de ámbito internacional, entre os que podemos sinalar o Colexio de España en París, a Embaixada española en Berlín, o Sophie´s Palace de Utrecht (Holanda) ou o Museum Kloster Asbach de Passau (Alemaña). Tamén participou en diferentes feiras como Art Lisboa, Estampa, ArteSantander e Art Madrid, entre outras. A súa obra forma parte de destacadas coleccións de institucións como o Colexio de España en París, a Deputación de Pontevedra ou a Casa de Galicia en Madrid. Na Coruña Iván Prieto traballa coa galería de arte contemporánea Moret Art, na cal realizou diferentes exposicións.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión