Concello da Coruña

Concello da Coruña

Fito & Fitipaldis

Fito & Fitipaldis actuará na Coruña o vindeiro sábado 24 de marzo de 2018. O concerto realizarase no Coliseum da Coruña onde Muchachito actuará ás 21:00 h e o espectáculo de Fito & Fitipaldis comezará ás 22:30 h, a apertura de portas será ás 20:15 h

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

24/03/2018

Xa rematou

Horario:

22:30 h, a apertura de portas será ás 20:30 h

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

30'00 € + gastos - Pista de pé s/n

35'00 € + gastos - Tendidos baixo, medio e alto numerado

(Todas aquelas persoas que accedan ao concerto deben facelo con entrada)

Política de menores: Os/as menores de 16 anos teñen que asistir acompañados/as dunha persoa adulta responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada que se pode descargar na seguinte ligazón: Descargar autorización.

Televenda:

Ticketea

Fito & Fitipaldis regresan aos escenarios cunha xira moi especial, e é que 20 anos de traxectoria hai que celebralos ao grande.

Os Fitipaldis prepararon un repertorio con todos os seus grandes éxitos que presentarán en grandes recintos de 20 cidades.

En cada un dos concertos Fito convidará a diferentes artistas e amigos a subir ao escenario para compartir cancións.

A xira '20 años, 20 ciudades' comezará o 10 de marzo no Palacio de Deportes de Santander e continuará durante case catro meses.

Abrindo os concertos veremos a Muchachito. Ao máis puro estilo home orquestra, con seis pedais aos pés (bombo, caixas, charles, pratos) e guitarras en man, abrirá a noite co seu repertorio máis funky-rock).

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Coliseum: aberto só días de concerto desde as 17.00 h ata o inicio do concerto (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión