Concello da Coruña

Concello da Coruña

ForuMáxico “O Alquimista”

Durante milleiros de anos, os alquimistas, nómades con grandes coñecementos nas matemáticas, na física, na química, na astroloxía e incluso no ocultismo, viaxaron cos seus laboratorios ambulantes por todos os lugares do mundo cun obxectivo concreto. Ese obxectivo era atopar a Pedra Filosofal.

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

22/09/2018

Xa rematou

Horario:

19.00 h

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada: 5,00 €

(abono 3 (3 entradas para o mesmo espectáculo) 12,00 €)

(menores de 3 anos: 2,00 €)

Televenda:

Ticketea

Organiza:

IMCE

O soño dos alquimistas era dominar a natureza, o lume, e finalmente o tempo.

Os alquimistas crían que a  pedra filosofal podería concederlles tanto a cura de todas as enfermidades para gozar da vida eterna como a riqueza, transformando metais en ouro. Cando conseguían estes logros, coñecíase como "A grande obra".

Nesta nova aventura, o mago Teto, tras varios anos estudando, experimentando e intentando descifrar a estraña simboloxía dos libros sobre alquimia, ponse na pel dos alquimistas perseguindo o seu soño e buscando a pedra filosofal; non para conseguir a riqueza e a vida eterna, senón a alquimia que está dirixida ao corazón, a felicidade!!

A felicidade do público e do propio mago e así lograr a súa "Grande Obra".

 Auga, terra, lume e aire farán posible esta nova aventura do mago Teto.

Duración: 75 minutos 

VENDA DE ENTRADAS

Despacho de billetes da Pza. Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes de Fórum: día da función desde 1 h antes (só se quedan localidades dispoñibles)

Ticketea: 902 044 226 - web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión