Concello da Coruña

Concello da Coruña

Fragmentos de Alberte A. Pereira

Un dos eixos principais sobre o que pivota a fotografía de rúa é a observación do comportamento das persoas, como interactúan e como se interrelacionan, sobre todo nos espazos urbanos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 12/07/2017 ata o 06/08/2017

Xa rematou

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

FRAGMENTOS é un proxecto aberto, non definitivo, que seguirá medrando e se cadra transformándose. Nel mostro pequenos xestos, persoas absortas, escontextualizadas, mostrando só parte da contorna que as rodea. Ao tempo, achego anacos do espazo urbano aparentemente sen interese, sen presenza humana.

Neste traballo propoño, por tanto, unha foto de rúa afastada do momento decisivo, do extraordinario, de xustaposicións ou de imaxes en ton humorístico. Busco a simpleza, o esencial, a luz, amosando retratos de persoas "anonimizadas", sen rostro. Un pequeno xesto, máis ca unha mirada; un detalle no chan, máis ca unha paisaxe urbana. Silencio contraposto ao habitual ruído urbano.

Unha serie de nove fotografías deste traballo foi elixida Finalista no StreetFoto San Francisco - Internacional Street Photography

Awards 2017, categoría series.

Alberte A. Pereira

Alberte é un fotógrafo autodidacta e independente. Despois dos seus primeiros contactos nos anos 80, é a partir do 2012 cando realmente se implica na fotografía e se decanta pola fotografía de rúa sobre todo, mais tamén lle interesa a documental e a reportaxe.

Unha pequena cámara é a súa compañeira e ferramenta coa que actualmente se adica a percorrer as rúas e ser testemuña do que pasa nelas.

O seu interese pola fotografía fixo que realizase cursos e talleres con renomeados fotógrafos como José Manuel Navia, Eduardo Momeñe, Walter Astrada e Óscar Molina, entre outros.

As suas imaxes teñen sido publicadas en medios escritos e dixitais e foron expostas en salas de Vigo, Santiago, A Coruña, Ferrol, Lisboa, Miami, San Francisco, Londres...

En 2016, xunto con outros tres fotógrafos, crearon Quitar Fotos. Un espazo de reflexión, diálogo e difusión de propostas visuais de rúa e documentais.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión