Concello da Coruña

Concello da Coruña

Gala de inauguración (S8) 8ªMostra de Cinema Periférico

FAUSTO. F.W. MURNAU. 1926 SONORIZADA POR LA ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/05/2017

Xa rematou

Horario:

20:30 h

Duración:

119 minutos

Enderezo:

Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta América S/N. 15004 A Coruña

Seguindo coa tradición de inaugurar cada edición con clásicos do cinema mudo, o (S8) abrirá a súa oitava edición con Fausto, a última película filmada en Alemaña de F.W. Murnau (autor de obras como Nosferatu e Amencer). Unha adaptación en clave expresionista da historia tradicional alemá pasada polo tamiz de Goethe e da velada crítica de Murnau ás institucións nunha Alemaña sumida na crise. As impoñente imaxes do filme poderán verse con renovado brillo grazas á restauración fiel da versión estreada en 1926 levada a cabo por Luciano Berriatua, tras unha minuciosa investigación e recuperación de negativos orixinais, nunha colaboración da Filmoteca Española coa Friedrich Wilhelm Murnau Foundation.

A sonorización en directo correrá a cargo da Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixida por José Ramón Encinar e coas intervencións da soprano Ilduara Perianes e a mezzosoprano María Rivera. A partitura que se interpretará nesta ocasión é a composta polo zaragozano Jesús Torres, galardoado co Premio Nacional de Música en 2012, e cuxos traballos percorreron as máis prestixiosas institucións e festivais do mundo. Unha partitura que é unha obra de creación por dereito, máis aló do simple subliñado e da música incidental, cuxa ambición a equipara cunha ópera ou unha sinfonía. Un evento que ofrecerá unha nova experiencia estética ao maridar unha obra mestra do cinema cunha creación sonora que lle brindará novos matices e interpretacións.

ENTRADAS: A través do Servizo de Venda de Entradas de //ABANCA, por internet as 24 horas do día (entradas.abanca.com) e no teléfono 902 43 44 43 ata 24 horas antes de cada espectáculo, de 8 a 22 horas de luns a sábado. A compra por teléfono e internet está suxeita aos gastos de gestion que aplica //ABANCA. A Taquilla da Praza de Ourense, de luns a venres, excepto días festivos, de 9.30 a 13h. e de 16.30 a 19.30h. E na taquilla do Palacio da Ópera, o mesmo día da representación de 11 a 14h. e de 17h ata comezo do espectáculo.

Máis información: www.s8cinema.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión