Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xira: "Uno de los nuestros"; Loquillo, Ariel Rot e Leiva

Con este título tan explícito Ariel, Leiva e Loquillo quixeron ter en conta o seu público máis ca nunca. "Uno de los nuestros" é unha homenaxe a todos os que aman a música, o rock & roll.

Cando:

01/08/2013 ás 22:00

Xa rematou

Horario:

22.30 h.

Enderezo:

Praza Mª Pita s/n. 15001 A Coruña

Prezo:

Libre e gratuíta.

"Uno de los nuestros" vai para todos os fans do rock, de aquí e do outro lado do charco e a varias xeracións que creceron con himnos que xa forman parte da memoria colectiva.

 

LOQUILLO

Unha auténtica estrela de rock español. Trinta e cinco anos de carreira sobre os escenarios aválano. Sempre en primeira liña, reinventándose e regateando incluso a si mesmo. Discos memorables onde soou rockabilly, rock, canción de autor, poetas españois e latinoamericanos, pero sobre todo rock. Colaboracións con estrelas da súa altura, de Johnny Hallyday a Andrés Calamaro, Bunbury ou Jaime Urrutia, Gabriel Sopeña e Sabino Méndez. Cancións que traspasan décadas e séculos reivindicándose cada día, de “Cadillac solitario” a “Memoria de jóvenes airados”, “El hombre de negro” ou “La mataré”, “Rompeolas” e “Cruzando el paraíso”. Todos os escenarios sonlle familiares, salas, teatros, discotecas, polideportivos ou estadios. Todos eles soportaron o seu peso e a súa enerxía, e en todos se sente como o que realmente é, un rock and roll star.

  

LEIVA

Miguel Conejo Torres, “Leiva”, coñecido e recoñecido ata agora por ser o cantante, guitarrista e principal compositor dos multitudinarios Pereza, entrou na maioría de idade creativa e compositiva o ano pasado da man de Diciembre, o seu primeiro disco en solitario, o as na manga dun romántico roqueiro que dá un paso máis alá na poética musicalidade que o caracteriza, na emoción a flor de pel que transmite a súa gorxa. Debut definitivo dun autor en permanente crecemento, obra que se coou no corazón do oínte, como o demostra a súa estancia no top-50 dos discos máis vendidos en España, a enorme acollida pública da súa amplísima xira de presentación (cerca de 75 galas en menos dun ano) e os distintos recoñecementos da industria musical: candidato a Mellor Álbum nos Grammy Latinos, Mellor Álbum do Ano para Rolling Stone e Disco do Ano en Itunes.

 

ARIEL ROT

Poucos artistas tiveron unha carreira tan chea de éxito como Ariel Rot. Membro fundador e compositor de grupos tan necesarios como Tequila ou Los Rodríguez, labrou igualmente unha gran carreira solista a ambos lados do Atlántico. Máis que un veterano do rock é un alto mando respectado e envexado por novas xeracións que ven no seu repertorio e na súa guitarra un exemplo para seguir, ao igual que na súa elegancia e bo facer en cada escenario. “Rock and roll en la plaza del pueblo” ou “Baile de ilusiones”, “Mucho mejor” ou “Adiós carnaval” son parte da nosa memoria, dun soñado karaoke e un air-guitar imaxinario. Sempre é un luxo asistir aos seus shows, tanto coa súa banda como nas súas recentes aventuras solitarias.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión