Concello da Coruña

Concello da Coruña

Goldi Libre do Grupo Chévere

Goldi Libre trata sobre o movemento de insubmisión, un dos primeiros e máis fortes movementos de desobediencia civil xurdidos despois da Transición en España.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

07/10/2017

Xa rematou

Horario:

20.30 h

** Pídese puntualidade, unha vez comenzada a función non se permitirá o acceso á sala.

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entradas: 9,00 € (carné xove, +65 anos e persoas desempregadas: 7,00 €)

Venda anticipada: 6,00 € (até o día anterior á función ás 23.59 h)

**Todas as persoas que accedan ao espazo no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada

Televenda:

Ticketea

Organiza:

IMCE

Contacto:

981 184 293

 Levou a centos de mozos ao cárcere como presos de conciencia e que tivo como consecuencia inmediata a suspensión do servizo militar obrigatorio despois de máis de 150 anos de vixencia. O traballo feito a partir da memoria, a experiencia persoal e o testemuño de César Goldi, veciño de Teo e actor que en 1993 foi xulgado e condenado a 2 anos, 4 meses e 1 día de prisión por negarse a realizar tanto o servizo militar como a prestación social substitutoria, e que cumpriu a condena no cárcere da Coruña.

Dende unha perspectiva autocrítica, distanciada e irreverente, a obra ofrece ademais unha panorámica desenfadada do activismo social e político da esquerda dos anos 80 e 90 do século XX, cuestionando algúns dos mitos da loita antimilitarista. Trátase por tanto de conectar a memoria individual coa memoria colectiva dunha xeración e co imaxinario dunha época a través dun dispositivo especificamente teatral.

Dirección: Xron

Adaptación, escenografía, vestiario e música: Berberecheira

Intérprete: César Goldi

Despois da función haberá un encontro co público ao que asistiran

  • CÉSAR GOLDI actor e coautor de "Goldi Libre"
  • ERNESTO LÓPEZ REY insubmiso encarcerado no cárcere de A Coruña ao mesmo tempo que César Goldi. Actualmente liberado da CIGA
  • X. ANTÓN PÉREZ LEMA Avogado. No seu día abogado defensor dos insubmisos César Goldi e Ernesto López Rey
  • SANDRA GARRIDO Avogada Feminista do colectivo A SENSU CONTRARIO (grupo de intervención xurídica en defensa dos dereitos fundamentais). Militante no seu día do Colectivo de Insubmisos de A Coruña.

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Fórum: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h) o web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión