Concello da Coruña

Concello da Coruña

Habitar a palabra: correspondencia carcelaria.

O vindeiro mércores 13 de Marzo comeza o ciclo Habitar a Palabra coa leitura da correspondencia carcelaria de condeados a morte na guerra civil e na represión franquista. Na leitura estaremos acompañados de familiares e investigadores Ademais, a convocatoria está aberta á participación de todos os veciños para ler, comentar ou acompañarnos nesta xuntanza.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 13/03/2019 ata o 27/03/2019

Xa rematou

Horario:

de 18:00 h a 20:00 h

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

Organiza:

Asociación para a recuperación da memoria histórica

Todo o acto será gravado en video para posteriormente recollelo nun Documental.

· Será na Casa Museo Casares Quiroga de 18h a 20h. O espazo está intevido cos testumuños dos presos políticos presos no cárcere de A Coruña.

· O ciclo completaráse coas seguintes actividades en días posteriores:

  • Mércores 20 de Marzo: Mesa redonda e presentación do libro "Le temps des cerises" de Ángel Cardin. Testemuña de Ángel Cardín expreso político a través do seu libro.

  • Mércores 27 de Marzo ás 19.30h: Conferencia de Xesús Alonso Montero sobra as cartas dos presos condeados a morte.

    Organiza a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) e o Concello da Coruña.

    HABITAR A PALABRA: CONVOCATORIA DE LEITURA E PARTICIPACIÓN CIDADÁ O MÉRCORES 13 DE MARZO DE 18H A 20H

    Habitar a palabra convida a participar no territorio da Memoria a través das lembranzas dos presos políticos e as cartas.

    Na última soidade dos presos condeados a morte, a correspondencia carcelaria é o refuxio dos sentimentos. Cartas dirixidas ás suas nais, aos fillos, aos camaradas,... e a nós.

    Coas voces de actores e actrices, comezaremos o mércores 13 de Marzo ás 18h a leitura das cartas dos presos no cárcere da Coruña silenciados pola guerra civil e a represión. En cada leitura abriráse un tempo á intervención cidadá: familiares, investigadores e veciñanza compartirán as súas impresións na forma que desexen (comentario, carta, poema,...). Xuntos construiremos un lenzo postal coas respostas do presente, 70 anos despois.

    O encontro vai ser gravado en vídeo para posteriormente recollé-lo nun documental.

Tanto o documental coma o lenzo postal estarán expostos ata o 27 de Marzo na Casa Museo Casares Quiroga. Un buzón seguirá recollendo as notas dos visitantes á exposición e, todos os días á tardiña, serán unidas ao lenzo.

O espazo estará intervido con táboas da lembranza: testemuños dos presos políticos do seu paso polo cárcere, desde o primeiro ao último franquismo.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión