Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cara ao residuo cero. Reduzamos o lixo da Coruña á metade!

O 40% dos residuos domiciliarios dos galegos son restos de comida, outro 40% son envases e un 10%, téxtiles. É posible reducir esta xeración de residuos á metade no próximos tres anos?

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

21/09/2019

Xa rematou

Horario:

De 11.30 a 13.00 h

Enderezo:

Fundación Paideia Galiza. Praza de María Pita 17. 15001 A Coruña

Prezo:

Gratuíta, ata completar a capacidade

Joan Marc Simon é o director de Zero Waste, unha entidade sen ánimo de lucro que traballa a nivel europeo na redución de residuos en cidades, negocios e hábitos de consumo. Para iso, participan nun gran número de proxectos asistindo a gobernos, empresas e cidadanía a redeseñar a súa relación cos recursos, adoptando políticas, modelos de negocio e hábitos aliñados coa xestión circular dos recursos.

Durante o encontro, Simon compartirá boas prácticas doutros municipios europeos e traballará xunto co público asistente en propostas concretas para A Coruña. Aplicaremos a filosofía Residuo Cero para elaborar un plan, en colaboración cos coruñeses e coruñesas, que reduza á metade a xeración de lixos biodegradables, envases e téxtiles.

A participación neste proceso pode ter lugar de dúas formas; enviando e compartindo propostas ata o día 5 de setembro ou directamente participando neste encontro inspirador na Fundación Paideia.

Se queres enviar propostas de redución de residuos alimentarios, envases ou téxtiles -incluíndo téxtiles sanitarios- envía a túa proposta a info@festivalmardemares.org. A presentación do concepto ten que ter unha extensión máxima de tres páxinas, e deberá indicar a categoría de residuo para reducir, unha explicación da proposta e os requisitos necesarios para facela posible na Coruña. As propostas presentadas discutiranse durante o encontro na Fundación Paideia.

+ Info

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión