Concello da Coruña

Concello da Coruña

Historias da historia

Historias da historia é unha exposición exposta para dar a coñecer distintas historias da historia, que nunca é exactamente igual a como nola contaron

Cando:

Dende o 01/06/2014 ata o 12/09/2014

Xa rematou

Enderezo:

Fundación Barrié. Rúa Cantón Grande 9.

A montaxe da exposición obedece á mirada dun neno, tendo en conta distintos xogos de escala e unha colocación das obras que seguirá en altura a evolución cronolóxica da mostra. Trátase de entender como a obra se transforma en relación ao tipo de público que se enfronte a ela, buscando que a reacción física e perceptiva do público adulto sexa, nalgúns casos, tan estraña e incómoda como adoita ser a dun neno nunha sala de exposicións, e viceversa.

No soto 2 da Fundación Barrié mergullámonos no pasado, no soto 1 imaxinámonos o noso presente e o virtual futuro coa intención de outorgar a eses conceptos unha dimensión metafórica que transcende o cronolóxico. Doutra banda, as obras de artistas contemporáneos seleccionadas condúcennos a distintos momentos da historia, incluíndo obras representativas da Colección de Pintura Contemporánea Internacional da Fundación Barrié, así como outras pezas de distintas coleccións privadas ou intervencións site-specific para esta exposición, como é o caso da pintura mural efémera de Almudena Fernández Fariña, preparada exclusivamente para a Fundación Barrié. Nestas instalacións de Almudena Fernández, a prolongación tridimensional da pintura convida a que esta poida ser habitada e vivida, eliminando as barreiras da pintura como obxecto exclusivamente dedicado á contemplación.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión