Concello da Coruña

Concello da Coruña

Hombres G

A banda demostrará na praza de María Pita que non perdeu nin un ápice do espírito pop rebelde que marcou a moitos adolescentes dos oitenta e as xeracións posteriores.

Cando:

21/06/2013

Xa rematou

Horario:

22.00 h.

O que non bailase ou, polo menos, tararease unha canción de Hombres G algunha vez, que tire a primeira pedra. "Devuélveme a mi chica", "Marta tiene un marcapasos" ou "Suéltate el pelo" son algúns dos clásicos que poderemos escoitar e corear no concerto do día 21 na Coruña.

Dende o primeiro sinxelo de Hombres G, "Milagro en el Congo" / "Venezia", xa pasaron trinta anos, pero o eco daquel auténtico fenómeno social séguese escoitando. A David Summers, Rafael Gutiérrez, Daniel Mezquita e Javier Molina o éxito chegoulles sen avisar. Enchían recintos, colapsaban rúas e toleaban os seus fans.

Co seu primeiro álbum fixeron historia e conseguiron o inimaxinable naquel momento. Foi Disco de ouro en 1985, acadando unhas cifras impensables para un grupo español daquela época: nese ano venderon máis de 400.000 copias e deron noventa concertos. Por se isto parecese pouco, no 86, co seu segundo álbum na rúa, xa rozaban o millón de discos vendidos na súa curta traxectoria musical. Era só o principio.

Dun pop-rock naíf e vándalo evolucionaron cara a terreos máis persoais, editando un total de doce discos ata a actualidade. "En la playa" é o último traballo do grupo, que inclúe un CD, un DVD e un libro. Lanzado en novembro do 2012, recolle duetos dos seus temas máis emblemáticos nun directo acústico gravado en Zahara de los Atunes. No disco colaboran Dani Martín, Miguel Bosé, Ana Torroja ou Pereza, entre outros artistas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión