Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ilustrando Galicia (2016-2017)

Con esta exposición, o que se pretende é achegar a todo o público interesado a actualidade máis recente da ilustración de libros en Galicia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 25/04/2018 ata o 03/06/2018

Xa rematou

Enderezo:

Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

A obra que se expón en  Ilustrando Galicia (2016 - 2017) pretende ofrecer un achegamento á  realidade máis actual da ilustración de libros nesta Comunidade. Para facelo, atendeuse aos libros editados nos anos 2016 e 2017 e seleccionáronse 23 artistas galegos ou establecidos en Galicia,  que tiveran obra publicada nese período, e que se tratase de primeiras edicións.

Entre os 23  ilustradores e ilustradoras presentes na exposición atopamos artistas cunha ampla traxectoria que veñen mantendo a súa actividade ao longo do tempo ata o momento actual, artistas ben coñecidos e tamén recoñecidos dentro e fóra da nosa Comunidade. E, xunto a eles, está aquí representada  unha nova promoción de homes e mulleres que inician agora a súa andaina como ilustradores.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión