Concello da Coruña

Concello da Coruña

In crescendo coa BMMC

Director titular: Juanjo Ocón

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

19/01/2020

Xa rematou

Horario:

12:30 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade

Tríptico do 19 de xaneiro de 2020 (664 KB)

"ESTREAS"

- "La Torre del oro" de G. Giménez

- "Díptic d´Infantessa" de D. Penadés-Fasanar

I. Somni

II. Les Catarinetes

- "Célèbre Adagio" de T. Albinoni

- "Second symphony for Wind Orchestra" de D. Penadés-Fasanar

- "White Dragon (Overture)" de D. Bourgeois

NOTAS AO PROGRAMA:

ESTREA ABSOLUTA

Second symphony for Wind Orchestra

A Segunda Sinfonía para Orquestra de Vento do Compositor David Penadés-Fasanar está baseada na súa Cuarta Sinffonietta "Creation". Nela mantívose a forma establecida de Creation pero alongando as súas partes e ampliando a súa instrumentación. O resultado é unha composición nova, ben equilibrada con respecto para os principios de forma e desenvolvemento.

Unha obra creada a partir de pequenas células musicais, desenvoltas durante toda a obra e que dan continuidade ao transcurso dela, como unha "creación" non sendo así unha obra programática.

Está inspirada e composta como homenaxe aos grandes compositores do século XX que nutriron a cultura musical buscando novos linguaxes musicais. Autores como Paul Hindemith, Bela Bartok, M. Ravel, pero sobre todo Igor Stravinsky.

Utiliza recursos propios da linguaxe musical da primeira metade do século XX, como a escala de tons enteiros, o serialismo entre outros combinándoos con outros propios anteriores como a fuga. Con esta peza, o autor faille unha chiscadela a esa linguaxe compositiva tan importante para a evolución da música.

A obra está adicada ao seu amigo José Onofre Díez Monzó, amigo persoal do compositor, do que aprendeu gran parte deste fascinante mundo da música e que o autor lle está tremendamente agradecido cara aos seus ensinos, así como de cara á súa persoa.

Díptic d´Infantessa

Díptic d'Infantessa é unha obra inspirada na música popular mediterránea, onde o compositor explora as diferentes sensacións que provoca esta música e plásmaas nunha obra dinámica e enérxica, ao mesmo tempo que sensible e emotiva. Na súa gran parte, esta obra explora unha gran gama de posibilidades técnicas. O virtuosismo está presente en gran parte da obra, contrastando con este unha sección na que as melodías se funden no ambiente cun toque sentimental e apaixonado.

Composta por dous movementos, o primeiro, "Somni", relata o soño dun neno e as súas inquietudes nel e o segundo, "Les Catarinetes", o compositor faille unha chiscadela á popular canción da zona de onde é orixinario o compositor e lembra as súas propias raíces.

Dedicada ao mestre Juanjo Ocón e á Banda Municipal, con afecto e admiración.

VINDEIROS CONCERTOS:

26 de xaneiro no Teatro Colón ás 12.30 h. Director titular: Juanjo Ocón

2 de febreiro no Teatro Colón ás 12.30 h. Director convidado: Andrés Valero

13 de febreiro no Teatro Colón ás 20.00 h. - Obra músico-teatral: solista Xocas Meijide, directora de escena Cristina Collazo, compositores Ferrer Ferrán e Manu Paino, director titular Juanjo Ocón.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión