Concello da Coruña

Concello da Coruña

Inglaterra vs España: relacións na idade moderna

Ciclo de conferencias

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 18/10/2018 ata o 29/11/2018

18 e 25 de outubro

8, 15, 22 e 29 de novembro

Xa rematou

Horario:

19.30 h

Enderezo:

Rúa Panaderas (Igrexa das Capuchinas) 40. 15001 A Coruña

Organiza:

Biblioteca da Casa Consulado

Documentos:

triptico-2018-gal.pdf (2 MB)

O ciclo de conferencias versa sobre as relacións, non sempre amigables, entre Inglaterra e España ao longo da historia; especialmente durante a idade moderna.

Abórdanse diferentes aspectos; por un lado o aumento do interese polo coñecemento e a interpretación das linguas. Por outro, analízase a loita estratéxica polo control do comercio con Europa e o dominio do Océano Atlántico, obxecto de intereses coincidentes que deron lugar aos meirandes enfrontamentos da época.

Así mesmo, expóñense outras cuestión de índole cultural e de política internacional como a visión do embaixador en Londres e a súa colección de documentos que reflicten os acontecementos relevantes de principios do XVII.

Un último aspecto reflicte o papel vertebrador que representou o eixe A Coruña - Ferrol; a súa posición xeográfica e estratéxica, a súa condición de portos refuxio e lugares de partida de armadas e expedicións marítimas que cambiaron o rumbo da historia.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión