Concello da Coruña

Concello da Coruña

Inside the chinese closet de Sophia Luvará

Nunha sociedade chinesa onde a homosexualidade é inaceptable, Andy e Cherry loitan para satisfacer as expectativas dos seus pais.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 15/06/2017 ata o 17/06/2017

Xa rematou

Horario:

Xoves 15 de xuño - 20.15 h

Venres 16 de xuño - 20.15 h

Sábado 17 de xuño - 17.15 e 20.15 h

Duración:

72 min

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada: 3'00 €

(carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: 2'00 €)

Sesión do espectador - sábado ás 17.15 h. Prezo único: 1'50 €

Organiza:

IMCE

Contacto:

Tel.: 981 184 293

Andy, un arquitecto de éxito que vive en Shangai, decide saír do armario. O seu pai, avergoñado e decepcionado, empúxao a casar cunha muller para manter a honra familiar. Cherry, casada cun homosexual, necesita adoptar un neno para cumprir coas esixencias da súa nai e manter as aparencias sociais.

O esforzo de Andy e Cherry por ter unha vida plena á conta de finxir certos estereotipos culturais pon en evidencia o sistema de valores chinés. Desesperados pero incansables, a súa coraxe móstranos unha China moderna e nova, que busca o seu espazo de liberdade nunha sociedade marcadas polos fortes valores tradicionais.

TRÁILER

Sophia Luvarà Países Baixos (2015)

VO en chinés e inglés subtitulada en castelán

Formato: DVD

* Venres 16 de xuño charla - coloquio con Rubén Alexandre do colectivo "Alas" (A Coruña)

VENDA DE ENTRADAS

No despacho de billetes de Fórum desde media hora antes do inicio da proxección.

VENDA ANTICIPADA

Na conserxería de Fórum, de luns a venres de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h. Sábados de 10.00 a 13.00 h

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión