Concello da Coruña

Concello da Coruña

International Games Week: Tecno-Trivial

Un ano máis, sumámonos a esta interesante iniciativa promovida por unha organización internacional do ámbito bibliotecario, a American Library Association (ALA), que aposta por poñer en valor o importante papel que poden tomar os xogos nas bibliotecas.

A quen vai dirixido?:

+ de 8 anos

A quen vai dirixido:

Infantil, Xuvenil

Cando:

06/11/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 30/10/2019 ata o 06/11/2019

Require inscrición

Horario:

De 19:00 a 20:30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

981184298

O Tecno-Trivial é un xogo colectivo de preguntas e probas de habilidade para fomentar a participación sen competición, na que traballamos a integración e a autoestima de cada xogadxr. Non existe un saber, senón saberes, de tal forma que cada persoa é estimulada a compartir o seu coñecemento e opinión co resto do grupo.

A actividade organízase en grupos (nenas e nenos a partir dos 8 anos de idade) arredor dunha única puntuación, tendo os seus membros que cooperar entre si para obteros mellores resultados.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión