Concello da Coruña

Concello da Coruña

John Mayall – 85th Aniversary Tour

John Mayall presentará temas da súa nova gravación, Nobody Told Me, con colaboracións estelares de Todd Rundgren, Little Steven Van Zandt, Alex Lifeson de Rush, Joe Bonamassa, Larry McCray e Carolyn Wonderland, que se fixo co posto de guitarrista da xira.

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

02/10/2019

Xa rematou

Horario:

21.00 h. (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala)

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

30,00 / 35,00 € (1ª fila de principal, visibilidade reducida, 25,00 €) (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: -20%) (Familia numerosa: - 25% (só en despacho de billetes))

(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)

(Se vostede merca entradas con desconto no despacho de billetes debe mostrar o documento que acredite o desconto no momento de comprar a entrada e de acceder ao teatro)

(Se vostede merca entradas con desconto a través de teléfono ou web, debe mostrar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o concerto)

Organiza:

Dale a la Danza SL

John Mayall (Macclesfield, Cheshire, 21 de novembro de 1933), comezou desde moi novo a desenvolver a súa propia personalidade musical e converteuse, xunto a Alexis Korner en precursor da invasión do blues británico. Amante do blues de Chicago, Mayall fundou o seu primeiro grupo en 1955, The Powerhouse Four, e posteriormente a súa banda máis coñecida, The Bluesbreakers, na que contou coa colaboración de novos guitarristas como Eric Clapton, Peter Green e Mick Taylor, entre outros.

The Bluesbreakers foi a alma máter de diversas formacións posteriores e criadeiro de grandes instrumentistas británicos como Mick Fleetwood, Aynsley Dunbar, Jack Bruce. Mick Fleetwood e John Mcvie formaron parte da banda e participaron na gravación da Hard Road xunto ao guitarrista Peter Green, formando, tras deixar os Bluesbreakers, Fleetwood Mac.

John Mayall, mestre do blues e figura clave na música contemporánea publicou xa máis de 60 álbums, moitos dos cales supuxeron novos patróns dentro do rock blues e contaron con estupendas críticas e aceptación por parte do público, como Behind The Iron Curtain, Chicago Line ou Wake Up Call, Blues For the Lost Days e Padlock On The Blues.

O 85th Anniversary Tour chega a España con parada en doce cidades e, despois, seguirá polo resto de Europa.

John Mayall presentase temas da súa nova gravacion Nobody Told Me, con colaboracións estelares de Todd Rundgren, Little Steven Van Zandt, Alex Lifeson de Rush, Joe Bonamassa, Larry McCray e Carolyn Wonderland, que se fixo co posto de guitarrista da xira.

John Mayall - voz, teclados, guitarra, harmónica

Carolyn Wonderland - guitarras

Greg Rzab - baixo eléctrico

Jay Davenport - batería

VENDA DE ENTRADAS

Despacho da Pza. de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión